Preto de 10.000 persoas acudiron entre o martes e o mércores desta semana á cuarta edición do Frades Sunset Festival, segundo os datos facilitados pola Policía Local.
Ao longo do martes e o mércores a zona da praia de Frades e o Monte Boi recibiron a milleiros de persoas que acudiron para desfrutar da grande variedade de concertos e actividades. O festival de música electrónica que organiza o Concello de Baiona, enmarcado na programación do BaiVerán 2017, recibiu unha gran aceptación por parte do público máis xove de Baiona e da comarca, aínda que tamén puido observarse unha importante presencia de familias e adultos entre os espectadores grazas a espectacularidade do entorno no que se desenrola e a calidade das actuacións.
“A resposta foi excelente e estamos moi sorprendidos pola afluencia de público de todas as idades, polo que na vindeira edición intentaremos ampliar os horarios e tamén programar actividades que poidan abarcar a todos”, explicou a concelleira de Cultura, María Iglesias.
Dende o Concello de Baiona apuntan tamén que a cita xa se converteu nun referente para a música electrónica en Galicia e a chegada de visitantes tivo unha importante repercusión na establecementos da Vila. “É un moi boa oferta de ocio e os hostaleiros xa nos transmitiron os bos resultados obtidos durante estes dous días”, engade María Iglesias.
Na programación deste ano, o Frades Sunset ofreceu a actuación de baioneses que xa triunfan no panorama internacional, como DJ Yaggo ou Ludwig van Brothers, e tamén concertos de recoñecidos músicos como Abel Ramos, Olga Ryazanova ou Fonsi Nieto. Algúns artistas, como o expiloto ou Groove Amigos, compartiron nas súas redes sociais as espectaculares imaxes que tomaron dende o escenario do Monte Boi.
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) colaborou co Concello na organización e instalou servizos de hostalería para os espectadores. Ademais, houbo zona “chill-out” e “food-trucks” foron outras das ofertas do IV Frades Sunset Festival.
As concellerías de Cultura e de Turismo de Baiona comezaron xa a traballar na vindeira edición despois de analizar os resultados e comprobar o éxito de público conseguido tras ampliar a cita a dúas xornadas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL