Hai moitas reflexións que poidan xustificar o potencial da gastronomía galega. Algunhas desas chaves residen nas nosas avoas. Os grandes chefs, incluso os que apostan por unha cociña máis vangardista, viaxan ao pasado, ás orixes, para ofrecer un bo produto. En Galicia a materia prima é fantástica. Sen embargo, falta coñecer como chegar a ela. Nese traxecto cara ao pasado, os mercados son fundamentais. Porén, a Praza de Abastos de Moaña convértese este mércores 15 de maio nunha especie de escola de cociña, nunha factoría na que os futuros chefs aprenderán a mercar os ingredientes para facer pratos que son auténticas delicias da nosa cociña.
As grandes elaboracións comezan coa compra do produto. Este primeiro paso será unha lección para o grupo de quince alumnos do Certificado de profesionalidade de Cociña que se está a impartir dende o 14 de xaneiro e que rematará no mes de setembro. Nese camiño ata ser unha ou un chef, estes estudantes completarán a súa formación adquirindo as habilidades dun cociñeiro profesional acudindo ao mercado municipal para aprender a realizar a compra de produtos que sexan necesarios para elaborar receitas tan típicas e tan tradicionais da gastronomía galega como a empanada de xoubas, ameixas con cogomelos e langostinos, guiso de rodaballo, rape á mariñeira, remexido de algas con caviar de ourizos e polbo con ameixas.
Esta actividade formativa está patrocinada polo Concello de Moaña en colaboración con “El Siete formación”. A cita destes quince alumnas e alumnos avanza a gran celebración que haberá o vindeiro 25 de maio, efeméride na que se celebrará o “Día dos mercados” da Xunta Galicia, na que na Praza de Abastos de Moaña terá lugar o desfile e actuación de “Os Terribles de Donas”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL