O Pazo da Cultura de Pontevedra volveu acoller a gran festa da música galega, unha gala para presumir da música ao vivo, para render unha homenaxe a eses artistas ou promotores que poñen a Galicia no mapa cultural. Nesta sexta edición dos Premios da Música Martín Códax que entregaron un total de 19 galardóns, cinco puxeron rumbo cara Vigo e a súa área. O máis emotivo, como anunciabamos onte nas nosas redes sociais, foi o que recolleu Rafa Chao, o propietario de El Contrabajo como a mellor sala galega de música en directo, unha sala que, como anunciou o propio Chao fai uns días, pechará o vindeiro 1 de xuño cunha gran festa.
A outra viguesa premiada na festa da música galega foi Su Garrido Pombo. A compositora recolleu o galardón pola categoría de “Canción de autora e autor”. Integrante tamén das finalistas aos Premios da Música, Son Trío, Pombo destaca por un estilo musical que abrangue diferentes xéneros con matices de jazz, bossa, folk ou latin.
Outra das triunfadoras da gala conducida por Quico Cadaval no Pazo da Cultura de Pontevedra foi Wöyza. A artista nacida en Moaña e criada en Vigo volve a impoñerse cinco anos despois na categoría de “Músicas urbanas” grazas a súa proposta de hip hop próxima ao soul, un estilo que lle permitiu ser unha das referentes do xénero a nivel nacional.
O jazz da área de Vigo tamén foi un dos conquistadores desta sexta edición dos Premios da Música Martín Códax. Ese recoñecemento foi para a localidade de Nigrán. O municipio da comarca de O Val Miñor, que tamén estaba representada no evento coa candidatura do festival Nigranjazz, presume de grandes referentes neste xénero co triunfo de Xosé Miguélez, que impúxose na categoría de “Jazz e músicas improvisadas”. O músico nigranés, de feito, acaba de estrear a súa última proposta, “Ontology”.
Por último, Igloo tamén se subiu ao escenario para recoller o galardón na categoría “Pop/Indie”. A banda, aínda que o seus orixes son en Caldas de Reis, ten como integrante a Julián Rodríguez, músico da localidade de Tomiño.
Na gala dos Premios da Música tamén foron finalistas propostas musicais do sur da provincia de Pontevedra como Son Trío, Rebeliom do Inframundo, a asociación Tangata e Orquesta Clásica de Vigo ou o xa mencionado Nigranjazz.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL