O Morrasound enfila xa a súa cuarta edición. Catro anos de rock, catro anos levantando os cornos no Mirador da Fontenla, posiblemente un dos mellores balcóns da ría de Vigo. O evento, xa consolidado no calendario de festivais de música do verán, presentou este sábado 4 de maio o cartel desta edición que estará adicada a Paco Fernández Lago, unha das persoas que traballou dende os inicios coa Asociación Cultural A Fontenla por converter o Morrasound nun festival referente na comarca.
Paco é o protagonista dun cartel no que pon o rock and roll cos cornos. Debaixo da súa figura aparece a programación repartida das dúas xornadas, dous días no que o rock and roll galego, nacional e británico invadirá o Mirador da Fontenla os días 12 e 13 de xullo. Ás confirmacións xa anunciadas de The Brew, O’Funk’illo, Familia Caamagno, Kings of the Beach e The Lelli Kellys, súmanse no apartado musical The Limboos, Los Vinagres, Lou Reyes Band, Yo Diablo, Arrythmia e Spoonful.
O Morrasound 2019 contará tamén con protagonismo das artes escénicas e deporte urbana, dúas propostas que fan do festival que se celebra na parroquia moañesa de Domaio un evento diferencial. Nel Pena, da Asociación Cultural A Fontenla, comentou na presentación da cita que a proposta de artes escénicas estará composta Patty Diphusa, o pallaso Peter Punk que fará as delicias dos máis pequenos e Píscore, que representará no Mirador da Fontenla o espectáculo “concerto confusión”.
A programación do Morrasound 2019 comezará o 12 de xullo coas actuacións dos locais The Lelli Kellys, Kings of the Beach e O’Funk’illo. O 13 de xullo chegará o momento de gozar coas propostas de Spoonful, Arrythmia, Lou Reyes Band, Los Vinagres, Familia Caamagno, The Limboos e os británicos The Brew.
O festival que organiza a Asociación Cultural A Fontenla en colaboración co Concello de Moaña, que aporta ao evento, tamén permitirá desfrutar da modalidade de deporte urbano “Speed & Style”, unha disciplina que é unha garantía de espectacularidade grazas aos riders participantes.
Nel Pena detallou que nesta cuarta edición do Morrasound 2019 tamén haberá obradoiros durante as dúas xornadas destinados aos máis pequenos. Ademais, o evento tamén abre a posibilidade a todas aquelas persoas que queiran poñer un posto no mercadillo ou algunha food truck.
Pola súa banda, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, salientou “que moita xente se achegue para desfrutar do festival”. A rexedora afirmou que “é máis que un festival de rock ao ofrecer artes escénicas, deporte urbano e actividades para as crianzas”. Santos tamén felicitou a Asociación Cultural A Fontenla polo traballo realizado nestes catro anos e garantiu o apoio para facer vindeiras edicións do Morrasound en caso de continuar como alcaldesa.
A presentación do Morrasound 2019 rematou cun petisco do que pasará os días 12 e 13 de xullo no Mirador da Fontenla. A banda Tronka Jazz Quartet, que incluso chegou presentarse aos asistentes ao berro de "Somos Vetusta Morla e nos encanta PortAmérica", puso a banda sonora da conta atrás desta cuarta edición dun festival que traspasa as fronteras do rock and roll.
Os abonos para asistir á cuarta edición do Morrasound 2019 xa están á venta. Os primeiros 100 abonos podense adquirir por 15 euros sen contar os gastos de xestión mentres que os seguintes podense mercar por 20 euros sen contar os gastos de xestión. As entradas están dispoñibles nesta ligazón.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL