O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial das Letras Galegas, dedica este sábado 4 de maio á parroquia de Chandebrito ofrecendo un roteiro arqueolóxico centrado nas recentes excavacións do Castro e, a continuación, e coincidindo co solpor, o concerto do coro Gli Appassionati, dirixido pola prestixiosa mezzosoprano de Chandebrito Nuria Lorenzo. O obxectivo do Concello é, unha vez máis, por en valor esta parroquia tan afectada pola vaga de lumes de 2017.
O roteiro arqueolóxico arrancará ás 19:00 horas dende o campo de fútbol de Chandebrito e estará guiado por responsables da primeira fase de excavación no Castro, da cooperativa Árbore Arqueoloxía. A duración prevista é de duas horas e inclúe un obradoiro de elaboración de colares que rememoran a conta fenicia atopada recentemente no lugar, para elo se empregarán réplicas de taladros prehistóricos.
Esta peza orixinal e outras atopadas recentemente serán amosadas aos asistentes. "O Castro é un xacemento arqueolóxico sen precedentes na comarca e todavía descoñecido co que estamos totalmente comprometidos", sinala o alcalde, Juan González.
Como gran colofón final á xornada, terá lugar o concerto ao aire libre do coro Gli Appassionati ás 21:00 horas no bautizado como 'Bosque da Memoria', ao pé do castro. Neste escenario máxico, coincidindo precisamente co solpor, os 'appassionati' interpretarán un repertorio prácticamente cen por cen galego, con pezas de textos de Rosalía de Castro como 'Cada noite', 'O moucho', 'Negra sombra' o outros popularmente coñecidos como 'Catro vellos mariñeiros' ou 'María Soliña'. Tamén cantarán o mundialmente famoso 'Halleluia' de Leornad Cohen acompañados da pianista Alessandra Baiocco.
Ademais, a directora do coro e veciña de Chandebrito Nuria Lorenzo, interpretará 'Ondas do Mar de Vigo' e 'Negra Sombra'. "Varios dos compoñentes do coro vivimos en Chandebrito e Vincios, por iso queríamos facer algo especial en memoria da vaga de lumes", explica a mezzosoprano Nuria Lorenzo, quen avanza que "haberá unha sorpresa para que os asistentes entren en calor" e recorda que, como é habitual no coro, o público formará parte intrínseca da escenografía para que poida participar tamén. Para poder gozar deste concerto, recoméndase levar roupa de abrigo e algunha mantiña para sentarse no chan.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL