O “furacán” Sés promete revolucionar este ano o XVII SonRías Baixas. O festival vén de confirmar a presencia da cantautora galega, que se suma ao cartel deste 2019 xunto coas novas confirmacións de Dubioza Kolektiv, Iseo & Dodosound with the Mousehunters, Hakuna Tanaka, Nius de nit e Som do Galpom, que completan a programación do festival que se celebrará o 1, 2 e 3 de agosto en Bueu.
Se hai algún fenómeno na música galega actual é SÉS. Dende o seu primeiro disco en 2011, María Xosé Silvar leva facendo oír a súa voz a cada vez máis xente, en todos os sentidos: compoñendo e interpretando cancións que van do rock á música latina e expresando co seu carisma e honestidade unha visión propia e inconformista do mundo. A cantautora galega di o que pensa e fai a música que lle peta, sen atender a prexuízos estilísticos ou políticos. Unha mestura ecléctica ben xenuína, na que hai espazo para o rock and roll de raíz blues, pero tamén para a tradición oral galega, a actitude punk e a influencia da música latinoamericana. Precisamente este mes de marzo SES publicou Rabia ao silencio, unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, nas que adapta ao galego a figuras que destacaron polo seu compromiso político e humano, como Carlos Puebla, Mercedes Sosa, Víctor Jara ou Zeca Afonso.
Pola súa parte Iseo & Dodosound son un dos nomes máis destacados da música xamaicana. Non falta no seu son a potencia dos baixos e os ritmos do dub, pero esa influencia fusiónase con elementos de trip hop ou r&b. A proxección internacional deste dúo de Pamplona non para de medrar, igual que a inspiración de composicións que seguen facendo desaparecer as fronteiras do dub ou o reggae.
Desde os lugares máis escuros de Babialonia chega Hakuna Tanaka, presentando o seu primeiro traballo, Rap&Riddims, unha explosiva combinación de hip hop e reggae. Pola súa parte, Dubioza Kolektiv chegarán dende Bosnia-Herzegovina coa súa mestura de reggae, hip hop, dub ou rock.
Pechan as novas confirmacións Nius de nit, un dos grupos emerxentes dentro do panorama musical valenciano co seu ska, rumba e reggae e os galegos de Som do Galpom, un grupo que mestura funk, rock, rap e reggae nunha proposta musical orgánica, con letras cargadas de mensaxe e de loita social.
Todos eles completan o cartel da XVII edición do SonRías Baixas, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu. Ademais destas seis bandas, a organización do festival xa anunciara previamente a La Pegatina e la M.O.D.A, dous dos grupos da escena alternativa máis destacadas do estado; o hardcore punk de Segismundo Toxicómano e o rock urbano misturado espírito da festa balcánica de Boikot; a xira de despedida de Nao e o regreso rebelde dos Dakidarría; Muyayo Rif, unha das propostas máis vitalistas e sorprendentes da escena catalá; aos valencianos Periferia Norte, capitaneados pola poderosa JazzWoman; á mítica banda bilbaína de pop-rock en euskera Zea Mays e aos valencianos Zoo.
As entradas para o SonRías Baixas, que este ano máis que nunca programa tres intensas xornadas de música, con bandas de renome de xoves a domingo, están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial de 39 euros máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL