Volven as rutas gratuítas e guiadas a través do patrimonio natural e cultural de Moaña. Tralo éxito da primeira edición, que contou con máis de 300 participantes, a concellería de Turismo repite programa para volver a ofrecer oito visitas guiadas que, como novidade, incorporan o Sendeiro da Fraga.
As rutas, que se celebran nas fins de semana, entre abril e maio, guiarán aos asistentes a través da natureza e a vida marítima, o pasado do municipio e as súas canteiras, dos barrios históricos ou das mulleres que fixeron historia.
Co obxectivo de potenciar o “turismo autóctono e de proximidade”, nas verbas da concelleira de Turismo, Coral Ríos, apóstase por ofrecer estas visitas aínda en temporada baixa, para “desestacionalizar o turismo e atraer a visitantes que despois consumen en Moaña”, toda vez que permite aos veciños “coñecer o seu entorno máis próximo”.
O programa, en colaboración coa asociación A Illa dos Ratos, encargados da guía, “están pensadas para todos os públicos, cunha visión amena e para que a xente pase un bo rato”.
Como novidade no programa, incorpórase a Senda da Fraga, na súa variante de catro quilómetros. Este percorrido, que arranca na desembocadura do río no areal da Xunqueira, continuará durante 4 quilómetros -é a visita máis longa- para dar a coñecer “a importancia dos ríos, do seu ecosistema e do uso dos muíños”. De feito, este sendeiro conta con até unha trintena de muíños que noutra época eran de vital importancia na agricultura do Morrazo.
Para poder participar nesta visitas de balde, soamente é necesario realizar a inscrición previa a través de ailladosratos@gmail.com. Todas as visitas comezan ás 11:00 horas.
“Intermareal de Tirán”.Esta visita guiada, moi interactiva, está especialmente enfocada para toda a familia permitíndonos realizar un percorrido polas praias para coñecer a súa biodiversidade aproveitando para recoñecer bivalvos, crustáceos ou estrelas de mar.
San Martiño. A visita apenas nos obrigará a camiñar, xa que soamente percorreremos a contorna da igrexa. Os asistentes descubrirán a historia das casas e como apareceron aí e outros elementos propios dun dos barrios senlleiros do municipio.
Sendeiro da Fraga. Trátase da visita máis longa, con 4 quilómetros de dificultade media. Comezará na Praia da Xunqueira e rematará no “Torreiro do Muíño”. Ao longo do camiño os asistentes penetrarán nun ecosistema natural e fluvial que foi de vital importancia no pasado. Boa conta disto dan os 30 muíños construídos seguindo o curso do río.
“Mulleres da historia de Moaña” Porase en valor o papel da muller dentro do desenvolvemento da sociedade e a vila de Moaña. Historias que paga a pena coñecer sobre figuras importantes con nome propio como Lela Soage, Elisa de la Peña, Lola Diz ou Concepción Arenal, fortemente vencellada ao municipio, que se mesturarán con alusións a colectivos máis anónimos como as peixeiras, as mariscadoras ou as carreiras.
“Moaña Mariñeira”. Percorre a historia do municipio e as súas xentes. Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor D. Jose Costa Alonso ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron as familias de Moaña.
“Canteiras do litoral de Moaña”. Ao longo do percorrido os asistentes descubrirán a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL