O venres 28 de xuño arranca a 36 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). Ata o 6 de xullo, o Auditorio Municipal, praias, rúas, prazas, a Capela do Hospital e outros espazos alternativos acollerán espectáculos das artes escénicas que, un ano máis, farán as delicias de todo tipo de público: infantil, xuvenil, familiar,...
O cartel da XXXVI MITCFC é obra do deseñador gráfico, ilustrador e viñetista Luís Davila. Deste xeito, a Mostra prosegue a liña iniciada hai xa varios anos de encargar o cartel das diferentes edicións a persoas de recoñecido prestixio no ámbito das artes plásticas ou da pintura.
Os 36 carteis que anunciaron a MITCFC particularizan e diferencian cada unha das edicións, complementando a nosa imaxe corporativa, un logotipo creado polo artista local Manuel Pizcueta, sempre presente en todas as comunicacións.
Nos últimos anos, artistas como Pablo Giráldez “O Pastor”, Milicia Gráfica, Pancho Lapeña, Susana Rey, Diego Seixo ou María Mazás contribuíron coas súas creacións a proxectar a nosa imaxe, comprimindo nun cartel a información que queremos transmitir e anunciar, invitando e abrindo ao público a porta desta gran festa do teatro e o humor que é a MITCFC.
A organización sinala que todas estas consideracións remataron cun encontro con Luís Davila. Os camiños deste xenial creador e a MITCFC estaban obrigados a atoparse, non só pola proximidade xeográfica senón polos valores que defendemos. A crítica social e o humor autóctono e universal de Davila, conectan de cheo tanto co espírito desta Mostra como de toda cidadanía do Morrazo.
A Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas acollerá ao longo dos nove días un gran número de espectáculos, estreas absolutas e estreas en Galicia. Ademais, levaranse a cabo, como en edicións anteriores, actividades tan consolidadas como o Revoltallo en Pedra, o Torneo de Dramaturxia, xornadas profesionais de teatro, coloquios entre público e artistas ou cursos de formación e varios premios.
Este ano, as Xornadas Mulleres en Acción chegan á súa XIX edición. Trátase dunha aposta decidida da MITCFC a prol da paridade e denuncia das discriminacións laborais e de xénero que sofren as mulleres de calquera ámbito social. Mulleres en Acción contará coa participación de persoas con recoñecida traxectoria feminista, artística ou profesional.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL