O Primavera do Cine de Vigo presentou o cartel da súa oitava edición, unha obra realizada pola deseñadora María Llauger e que representa todo unha nova onda estilística respecto ás edicións anteriores, pero sen esquecer os valores do certame.
O cartel ten varios significados. Por un lado, as cores vivas e as flores simbolizan a primavera, mentres que a cámara garda relación co mundo cinematográfico. Doutra banda, Llauger vai máis aló e fai un chisco a Portugal e á súa Revolución dos Caraveis, buscando asemade poñer énfase no cinema coma unha arma de liberdade de expresión.
En palabras da propia deseñadora "a imaxe busca representar esa idea do cine coma unha arma de liberdade de expresión e a oportunidade que brinda o Primavera do Cine de dar a coñecer os traballos que non teñen cabida noutras canles de distribución máis comerciais".
Nestes momentos, o Primavera do Cine de Vigo ten abertas ata o 5 de abril as inscricións para que os colexios de infantil e primaria poidan apuntarse ao ciclo de Cine Miúdo. Esta actividade terá lugar o 25 e o 26 de abril no Teatro García Barbón e será conducida por Caspervek, quen musicalizará en directo grandes obras do cine mudo para que os rapaces poidan aprender a estreita relación que existe entre o cine e o música. Deste xeito, Juan de Castro, director do festival, invita a participar nela a todos os colexios porque "é unha das actividades máis interesantes e bonitas do festival".
Na rolda de presentación do cartel da nova edición do Primavera do Cine de Vigo tamén se deu a coñecer a colaboración que existe entre o festival e o Conservatorio Superior de Música de Vigo para promocionar o Festival Nas Ondas e, en concreto, un dos seus actos máis espectaculares, "A pasión de Juana de Arco", que terá lugar o 2 de abril. Nesta actividade, Brais Rodríguez, integrante do grupo Caspervek, xunto coa Orquesta 430 e un coro porá música a un dos grandes clásicos do cine mudo do gran cineasta Carl Theodor Dreyer.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL