O hemisferio norte recibiu á primavera este mércores ás 22:58 horas e, uns días máis tarde, Salceda converterase na capital da temporada enchéndose de flores e produtos da terra nas XI Xornadas da Camelia.
Nunha cita que buscan “converter as xornadas nun aliciente turístico”, nas verbas da concelleira de Turismo, Loli Castiñeira, o centro do municipio acollerá este sábado e domingo máis de 125 expositores de camelias e produtos ecolóxicos, naturais e artesanía nunha das citas máis importantes de Galicia.
As actividades que xiran en torno a esta flor, que agocha numerosos segredos en relación as súas propiedades e produtos derivados, arrancarán o sábado ás 16:30 horas coa inauguración da exposición e a posterior actuación do grupo folk das “Donicelas”.
O auditorio municipal acollerá unha mostra de 160 metros con até 75 expositores que achegarán á Salceda máis de 500 variedades desta flor chegada dende todos os puntos de Galicia, pero tamén dende Asturias ou Portugal. A cita, que chega ao seu undécimo aniversario, vive un momento dourado xa as xornadas de Salceda son xa referencia como “as que máis flor teñen de toda Galicia”, como se felicitou o promotor da iniciativa e amante desta flor, Antonio Rivero. Unhas xornadas que queren destacar xa no ámbito “internacional dende a madurez do traballo ben feito dende fai anos”, na opinión do alcalde de Salceda, Marcos Besada.
Os que se acheguen até o municipio poderán tamén descubrir os outros usos descoñecidos da Camelia, como os aceites produto da semente ou as marmelos obtidas da súa flor.
Amais, e de xeito paralelo, a Praza do Concello acollerá a Feira de Artesanía e Agrosostible na xornada do domingo entre as 11:00 e as 19:00 horas. Uns cincuenta expositores achegarán produtos chegados dende toda Galicia relacionados coa terra e os produtos ecolóxicos.
Entre os postos deste particular mercado, os asistentes poderán atoparse co “lanzamento mundial” de produtos dunha nova raza de Porco Silleiro. Tamén se atoparán microadegas, produtos de horta ou representacións de oficios tradicionais. No campo da artesanía, poranse á venda produtos chegados dende Marrocos así como repostería.
Xunto a todas as exposicións e postos, o Concello organiza tamén unha andaina ecolóxica ás 10:00 horas. Tratase dunha iniciativa que segue a corrente internacional do “plogging” que busca promocionar a actividade física á vez que se recolle lixo (se o hai) nas beiras dos sendeiros. Xunta a esta iniciativa, ás 12:00 horas sairá da Praza de Abastos una “canmiñata”, unha andaina tamén pensada para as mascotas.
As Xornadas da Camelia de Salceda e a Feria de Artesanía e Agrosostible, que espera reunir a máis de 2.000 persoas, foi presentada este xoves por Marcos Besada, alcalde de salceda, Loli Castiñeira, concelleira de Turismo, Antonio Rivero, promotor da iniciativa, Manuel Nieto, membro de Ekohuerta, Dori Silva, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais, e Rosa Estévez, representante do programa de voluntariado.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL