O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición. Divididas por categorías recibíronse un total de 85 curtametraxes de ficción, 49 de non ficción, 12 de animación e 87 videoclips. Ademais, recibíronse tamén 22 obras de diferentes fomatos, que nalgúns casos comporán as diversas seccións paralelas dos festival.
Con respecto aos apartados de curtametraxes de ficción segue rexistrándose -ao igual que nos pasados anos- un gran volume de traballos de creadores e creadoras galegos que viven e desenvolven a súa actividade profesional fóra de Galicia, aínda que menos que noutras edicións. Deste xeito, o comité de selección do Festival valorará obras recibidas dende lugares como Madrid, Barcelona ou Valencia, e de países como Inglaterra, Estados Unidos ou Italia. A sección Furacáns (non ficción), pola súa banda, continúa aglutinando a interesantísimos creadores e creadoras e dende o festival está barallándose a posibilidade de aumentar as curtas integrantes desta sección debido ao gran éxito que se experimentou na pasada edición. Obsérvase tamén como dato moi positivo o a recepción de máis dunha ducia de curtametraxes de animación, que garante a constitución desta categoría nesta edición do festival e que, ademais, será dunha calidade exepcional. No tocante aos videoclips, foron recibidas 87 pezas con ritmos que van dende hip-hop ata o pop, a electrónica, o rock, o folk ou o trap, sendo escaparate das últimas novidades e dos diversos estilos de música que existen en Galicia.
Dá comezo agora para a organización un exhaustivo e laborioso proceso de visionado e selección, que se prolongará durante varias semanas e a través do cal se elixirán as obras finalistas en cada categoría.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL