A menos de dúas semanas de rematar o prazo de inscrición de obras a concurso, o Primavera do Cine pode confirmar que xa recibiu preto de 150 obras das que destaca a súa calidade e actualidade. De feito, unha das grandes novidades da sección oficial da VIII edición, será que todos os traballos estarán producidas desde o ano 2017 en adiante, buscando así ofrecer un contido moito máis novidoso.
Ademais, nesta nova convocatoria destaca tamén a presenza non só de Galicia, se non tamén de Brasil, que xa o ano pasado tivera unha relevancia importante. Deste xeito, non cabe dúbida de que o Primavera do Cine estase a converter na porta de entrada da lusofonía en Europa.
Por suposto o prazo de inscrición segue aberto e todos os cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus proxectos poderán facelo inscribíndose na web ata o 25 de febreiro. Coma ven sendo habitual, os traballos audiovisuais deberán ser de produción galega ou lusófona e poderanse entregar tanto curtametraxes coma longametraxes e videoclips.
O certame, que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio, está xa a traballar no resto de actividades paralelas que complementarán a sección oficial. Así, entre os actos máis importantes, encóntranse, entre outros, Cine Miúdo, destinado a cativos e cativas de infantil e primaria; Cine nos Barrios, que achegará o cine aos veciños da cidade ou o Ciclo de Cine Brasileiro, un evento que tivo unha gran repercusión o ano pasado e que conseguiu encher as salas dos Multicines Norte en cada unha das súas sesións.
Así, durante abril e maio, o Primavera do Cine promoverá o cinema e a cultura para que Vigo poida gozar dun festival cada vez máis afianzado na cidade e sempre cuns prezos populares.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL