O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, acompañado de concelleiros do goberno e portavoces da oposición, inauguraron a II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que abríu hoxe as súas portas con 24 stands de centros de ensino de formación profesional que nestes dous días amosarán aos participantes unha mostra das súa aprendizaxe.
Represas destacou a importancia de ofrecer á comunidade educativa, en especial ao alumnado, toda a información posible para que tomen a decisión máis axeitada de cara ao seu futuro como profesionais e que atopen un reforzo de formación acorde a súa vocación.
“A nosa intención é que toda a nosa mocidade e a da contorna dispoña de información variada e útil sobre os diferentes ciclos de formación e así poder tomar as rendas do seu futuro do xeito máis efectivo”.
Ante o éxito da primeira edición, a concelleira de Ensino Cristina Fernández convidou a todos os centros educativos da área metropolitana a achegarse ata o pavillón municipal e percorrer os 24 stands nos que coñecer diferentes ramas e ciclos da formación profesional.
A Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas naceu co obxectivo de amosar ao alumnado e ao resto da comunidade educativa as posibilidades profesionas e saídas laborais nas que se poden formar, tendo a ocasión de ver nos propios stands as aplicacións destes coñecementos adquiridos.
Con máis stands e máis visitas programadas, esta nova edición tamén ofrece novidades, tres creativos stands completan a oferta desta nova edición: a Escola de Arte Dramático de Vigo, o stand de banda deseñada do Garaxe Hermético que dirixe o debuxante Kiko da Silva e o da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Materiais (única en Galicia e a máis antiga de España).
Aberta tamén ao público en xeral, na segunda feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas ofrécense mostras en directo de xoiería, de talla a man de cantería, de coctelería, de cocción de pan, de música, de soldadura, de sanidade, de paisaxismo ou de estética, entre outros traballos para os que se prepara o alumnado de formación profesional.
Plasmar a utilidade dos coñecementos no desenvolvemento da vida diaria é un dos obxectivos da feira na que expoñen centros de secundaria, de formación pro-fesional e ensinanzas especiais (concertados, privados e públicos) para informar á comunidade educativa de toda as posibilidades formativas.
Todos os que queiran achegarse, poderán facelo o luns 3 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas e o martes, 5 de febreiro, de 9:00 a 14:00 horas. O acceso é de balde.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL