O CEP Altamira acolleu este 30 de xaneiro, Día da Paz, a presentación dos proxectos de educación emocional en igualdade e mediación que se van levar a cabo tanto no CRA Raíña Aragonta como no propio CEP Altamira.
O proxecto está impulsado por ámbalas dúas ANPAS, e para levalo a cabo contará coa financiación das propias ANPAS, dos centros escolares e do Concello de Salceda. No caso de CRA Raíña Aragonta, a iniciativa vaise centrar na igualdade. Traballarase na aula co psicólogo Carlos Vila, e tamén a través da arte e do sorriso. A igualdade é unha das claves para conseguir unha perfecta convivencia, e é fundamental abordala xa dende as primeiras idades, nas que xa se ven comportamentos que se poderían definir case como "machismo". Para chegar ás nenas e aos nenos empregaranse formatos divertidos e próximos para acadar o mellor resultado.
Pola banda do CEP Altamira, procederase á creación dun equipo de mediación composto por 20 alumnas e alumnos de cuarto de Primaria, que deberán interceder nos diferentes conflitos que poidan xurdir no día a día do colexio. A idea é chegar a estes problemas de baixa intensidade, que para as nenas e nenos son conflitos de grande importancia aínda que moitas veces parezan insignificantes. Con este equipo de mediación moitas das situacións conflitivas xa non chegarán ao equipo directivo, senón que será o propio alumnado o que resolverá estes problemas grazas á mediación. Os alumnos elixidos serán os de cuarto de Primaria coa previsión de que esas nenas e nenos poidan facer o traballo durante tres cursos ata que rematen sexto de Primaria.
As representantes das ANPAS asistentes ao acto agradeceron a boa acollida que tivo o proxecto por parte dos equipos directivos dos dous centros educativos, que dende o primeiro momento amosaron o seu interese. Tamén agradeceron a colaboración do Concello de Salceda, que sufragará unha parte dos custos da implantación dos programas.
Clara Ojea, directora do CEP Altamira, e Mirian Seoane, xefa de estudios do CRA Raíña Aragonta, amosaron a súa satisfacción e interese no proxecto, agradecendo o traballo das ANPAS na defensa dos intereses das nenas e nenos con iniciativas tan importantes como esta.
Pola súa banda, Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, comlembrou que "non existe a carreira de pais nin de nais, polo que proxectos o este resultan fundamentais no camiño de conseguir unha educación integral para os nenos e nenas, destacando ademais a importancia de que se faga dende o ensino público". O rexedor manifestou o seu compromiso "sen ningún tipo de dúbidas" a proxectos coma este, "tan importantes na Salceda do baby boom".
No acto tamén representantes de ACROFAM, entidade encargada de levar a cabo os proxectos, a a concelleira de Educación, Teresa Pérez.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL