O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou en Fitur Un paseo cheo de historia e vida, un recorrido que pretende poñer en valor o encanto ás veces descoñecido dos cascos históricos de Galicia e crear unha experiencia turística que potencie a autenticidade do destino galego. Trátase dunha nova estratexia que se segue ampliando e na que a Xunta continúa a traballar para engadir novos destinos.
Esta nova oferta presentada en Fitur foi desenvolvida durante o Ano Europeo do Patrimonio Cultural que acaba de rematar e aglutina baixo un mesmo paraugas a preto de 30 itinerarios que percorren as catro provincias da comunidade galega. Todos estes destinos destacan polo seu atractivo e pola súa capacidade para xerar oportunidades de emprego e de desenvolvemento territorial sustentable. Ademais son localidades nas que se produce un impacto moi positivo do turismo e da cultura.
Segundo explicou o titular autonómico de Cultura e Turismo, este novo proxecto nace “para crear unha experiencia única coa que potenciar a autenticidade do destino galego a través do fomento da asociación entre cultura, compras e gastronomía”. Nesta liña, seleccionáronse negocios que destacan pola súa especial autenticidade e que en moitas ocasións se manteñen grazas ao traballo transmitido de xeración en xeración, aínda que tamén destacan experiencias emprendedoras que sobresaen pola combinación dos valores tradicionais e a modernidade. No eido da gastronomía, o segundo motivo polo que os viaxeiros visitan Galicia, foron seleccionados establecementos que coidan o produto e impulsan a materia prima autóctona.
Cómpre destacar que estas novas rutas se poden enmarcar no compromiso da Xunta recollido na Estratexia do Turismo de Galicia 2020 de que a actividade turística garanta a preservación dos espazos especialmente sensibles e a conservación da súa autenticidade e dos valores patrimoniais. Son, ademais, propostas dispoñibles todos os días do ano e permiten coñecer recursos máis aló dos lugares máis visitados.
Galicia é unha terra cun vasto patrimonio cultural sobranceiro recoñecido pola UNESCO na lista do Patrimonio Mundial. Neste momento, Galicia está a avanzar no impulso de tres novas candidaturas como son a Ribeira Sacra, as Cíes-Illas Atlánticas e Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración, que enriquecerán a nosa oferta turística patrimonial.
Hoxe as tres foron presentadas en Fitur da man da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL