Reencanto Produccións, asociación organizadora do Festival Primavera do Cine, presentou o pasado venres no Instituto Camoes as bases para concorrer ao certame que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio. Tódolos cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus traballos poderán facelo inscribíndose na web do festival dende o 18 de xaneiro ata o 25 de febreiro.
Ao igual que en edicións pasadas, os proxectos deberán ser de produción galega ou lusófona e poderanse entregar tanto curtametraxes coma longametraxes e videoclips.
Juan de Castro, o director do certame, aproveitou a ocasión para facer un breve balance da anterior edición: “houbo un incremento moi considerable de asistencia de público e tivemos moi boas palabras de cineastas, convidados e colaboradores do festival”.
Por iso, o Primavera do Cine, que se celebrará entre o 30 de abril e o 5 de maio, repetirá actividades coma Cine nos Barrios, un acto que o ano pasado trouxo a Coia e Teis o documental de Vigo 1972, dirixido por Roi Cagiao, e o que acudiron máis de 400 persoas. Este ano aproveitarase a ocasión para celebrar o Día do Traballo.
Tamén se fará unha nova edición de Cine Miúdo, un evento para nenos e nenas de infantil e primaria polo que pasaron xa máis de 3000 cativos en tódalas súas edicións, e tamén unha masterclass que será, en palabras do director do festival “moi sorprendente”.
Doutra banda e repetindo a boa experiencia do festival de 2018, o Primavera do Cine será a sede dun novo Encontro Arraianos, un acto no que estarán representantes de festivais, universidades e cineclubes e que ten por obxectivo promover a creación de redes de colaboración e intercambio.
A directora do Instituto Camoes, Carla Amado, aproveitou o acto para destacar que o festival xa forma parte da súa familia pola súa gran labor á hora de difundir a cultura lusófona na cidade e en toda Galicia. Tamén puxo o acento en que está edición culminará o 5 de maio, Día da Fala Portuguesa, e non hai mellor escusa para facer disto unha festa e unha celebración para o día da clausura.
O Primavera do Cine, o único festival de Galicia que proxecta en exclusiva obras audiovisuais galegas e lusófonas, seguirá apostando pola visibilización deste tipo de traballos polo que na súa oitava edición manterá as dúas seccións orixinais (galega e lusófona) coas tres categorías xa tradicionais: curtametraxes, longametraxes e videoclips, máis un apartado especial adicado á animación.
Os premios á mellor longa lusa é a mellor obra galega serán outorgados por un xurado profesional, composto por persoas destacadas do mundo audiovisual e tamén haberá un xurado popular que será o encargado de elixir ás mellores curtas e longas galegas e lusófonas e o mellor videoclip cos seus votos.
Finalmente, as proxeccións das longametraxes terán lugar no Auditorio do Concello de Vigo, mentres que no Instituto Camoes poderanse ver os filmes lusófonos e no Museo Marco ás curtametraxes galegas e lusófonas.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL