A obra completa de Rosalía de Castro xa se pode ler, tamén, en xaponés. O tradutor de galego ao idioma nipón e profesor da Universidade de Tsudajuku Takekazu Asaka vén de presentar a edición bilingüe de "Follas novas", libro que completa a tradución da obra de Rosalía de Castro ao xaponés.
O lingüista namorado da cultura galega, que se presenta como embaixador da nosa terra no país asiático, asegurou onte que a obra supuxo un reto pois “é moi difícil de traducir pola súa lírica complexa” que inclúe metáforas que “non son sinxelas” e nas que hai afondar no “sentido galego”.
Na presentación desta escolma representativa duns 60 poemas da creación rosaliana, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, puxo de relevo “a grande contribución de Asaka á lingua e á cultura galegas e á súa proxección internacional”, unha contribución “impagable, sempre xenerosa e imprescindible desde hai xa 35 anos que axudou a construír e a fortalecer a ponte que hoxe comunica dúas culturas e dous idiomas tan afastados, tanto desde o punto de vista lingüístico coma xeográfico”.
Asaka dá ao prelo "Wakaba syuu" (2018) dunha obra que recolle pezas emblemáticas como Unha vez tiven un cravo, Negra sombra ou Tecín soia a miña tea. O traballo conta cun limiar de Anxo Angueira, cunha bibliografía final arredor de "Follas novas" (1880) e cun Cabo do propio autor, no que explica os motivos que o levaron a traducir do galego ao xaponés incluso nun dos momentos máis delicados da súa vida, que pecha un breve texto biobibliográfico no que se resume a traxectoria do propio Asaka (Takiño, en Galicia).
A tradución de Follas novas á lingua nipoa súmase ás xa feitas dos "Cantares gallegos" (2002 e 2005) e dos "Contos da miña terra" (2013) para completar con esta derradeira entrega a edición bilingüe xaponés-galego da obra de Rosalía de Castro.
Takekazu Asaka (Tokio, 1952), profesor de Filoloxía Románica na Universidade de Tsudajuku, entrou en contacto coa cultura e a lingua de Galicia a finais dos anos setenta, mantivo correspondencia no seu día con significados galeguistas, como Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto, e publicou desde entón numerosos artigos e investigacións relacionadas coa lingua galega.
Como ensaísta e investigador, conta cunha dilatada traxectoria galicianista que o levou a escribir volumes referenciais para a aprendizaxe do galego en Xapón, tales como a Gramática do galego moderno (1993), a Guía de conversa en galego (1994), o Vocabulario básico da lingua galega (1995), a monografía As linguas de España e Portugal (2005) ou a Nova gramática galega (2015), que xa vai pola súa segunda edición. Especial relevo ten o seu labor como tradutor de figuras senlleiras da literatura galega ao idioma nipón, dedicación cuxo froito son as versións xaponesas dos Cantares gallegos (2009) e os Contos da miña terra (2014), de Rosalía de Castro; a Cantata a Ramón Cabanillas (2013), o seu Xograr Martín Codax (2015) ou Os Eidos (2017), de Novoneyra.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL