Tras o éxito das últimas edicións, a Feira de Outono de Ponteareas chegará á súa undécima edición na fin de semana do 2, 3 e 4 de novembro, organizada pola Asociación Xuvenil Galiza Nova, Centro de Recuperación de Cultura Popular, Asociación Soutea e Sindicato Labrego Galego, coa colaboración do Concello de Ponteareas.
As actividades darán comezo ás 20:00 horas do xoves 1, cunha charla no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas baixo o título “Os cogomelos: gastronomía e nutracéutica”, impartida por María Cabaleiro, membro do Departamento de Bioloxía da Universidade de Vigo. O venres 2, tras unha tarde de xogos infantís e de outono, continuará tendo protagonismo a micoloxía cunha charla de identificación de cogomelos ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal a cargo do biólogo e membro do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, Gabriel Pérez. Estas explicacións trasladaranse ao terreo nunha saída micolóxica que partirá o sábado ás 16:30 horas dende o a Casa Cultural de Arcos. Para concluír a xornada do venres, a Praza Maior acollerá un gran Serán de Outono, que será inaugurado ás 22h co grupo “Os da Porfía” tras diversas actividades previas como presentacións de libros ou obradoiros de canto e baile tradicional.
Na xornada do sábado, máis de 30 postos achegarán á feira os produtos de tempada, tradicionais e ecolóxicos. A feira inaugurarase ás 11:00 horas, e permanecerá aberta de xeito ininterrompido ata as 20:00 horas, repetindo o domingo o mesmo horario. Dende a organización sinalan que os obxectivos da feira continúan a ser “a promoción, potenciación e valorización dos produtos propios do outono, así como a aposta polo consumo consciente, local e de proximidade”. Nesta liña, ás 11:45 da mañá do sábado celebrarase unha demostración en directo de cociña con produtos de outono, da man do restaurante local A Xanela Gastronómica. A xornada do sábado inclúe un obradoiro de queixos para nenos e nenas e concluirá coa actuación musical de “Donicelas”.
O domingo, para acompañar os postos de venda e exposición de produtos, realizarase unha exposición de cogomelos, na que se poderán contemplar os exemplares clasificados co seu nome común, nome científico e características. Na sesión vermú, a degustación gratuíta de vermú galego estará acompañada pola música de Luís “O Caruncho” e o grupo “Os Folieiros”. Pola tarde, dende as 17:30 horas, dará comezo o tradicional magosto, con castañas, chourizo, pan e viño. O afamado grupo “Pelepau” será o encargado do fin de festa cun concerto ás 19:00 horas, concluíndo a XI Feira de Outono cun sorteo de cestas con produtos dos postos participantes.
Na presentación desta edición, o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, considerou positivo que “dende que nos comprometemos por parte deste goberno municipal a apoiar a recuperación da Feira de Outono, continúa medrando ano a ano, gañando cada vez máis prestixio e contribuíndo á dinamización da actividade comercial que sempre supoñen iniciativas como a desta feira”.
Na presentación da Feira de Outono o seu coordinador, Miguel Bouzó, expresou “a satisfacción da organización polo alto nivel que está acadando esta feira tras ser recuperada no 2015 co apoio do Concello de Ponteareas tras varios anos sen realizarse por falta de axudas”. Dende a organización sinalan que “dada a relevancia que esta gañando esta feira, nesta edición amosaron o seu interese en participar expositores de distintas lugares do estado español, que se suman ás habituais solicitudes das catro provincias galegas”. Bouzó afirmou que “a intención é que a Feira de Outono de Ponteareas continúe medrado para consolidarse como referencia en todo o país, polo que un ano máis contaremos cun amplo programa de actividades para desfrute de todos os públicos”.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL