A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocará en 2019 unha ampla oferta de emprego público para docentes, que inclúe 35 especialidades. Así o anunciou hoxe a conselleira de Educación, Carmen Pomar, na comparecencia parlamentaria para dar conta dos presupostos do seu departamento para o vindeiro ano. O total do orzamento que a Xunta destinará ao ensino ascende a 2.391.760.781 euros, o que significa investir na formación da sociedade do futuro un de cada catro euros do Goberno galego.
O presuposto, que sube un 3,3% con respecto a 2018, ten como eixe a comunidade educativa, cun especial esforzo orzamentario dirixido ao profesorado, como peza clave do sistema. No marco desta aposta pola calidade docente e do compromiso pola estabilidade laboral nos centros públicos, a oferta de emprego prevista para 2019 incluirá 19 especialidades para ensino secundario, 5 de profesores técnicos de FP, unha de escolas oficiais de idiomas, dúas do corpo de profesores de música e artes escénicas, e 8 de mestres. “É público e notorio que temos a taxa de interinidade máis baixa de España, pero, aínda así, seguiremos traballando para mellorar esta posición”, sinalou.
O corpo docente beneficiarase tamén en 2019 da suba no salario que recolle tanto o incremento xeral para os empregados públicos acordado polo Estado e a Xunta como a suba específica asinada pola Consellería e os sindicatos.
Ademais, cómpre salientar as accións de formación específicas para os profesionais do ensino, nas que se investirán 7,2 millóns de euros, a cifra máis alta de toda a serie histórica. Segundo puxo de manifesto a conselleira, isto é así porque “non se pode camiñar cara á excelencia, a innovación e a inclusión educativa sen acompañar o profesorado e investir no activo máis importante do sistema”.
Nese camiño cara á excelencia, coa formación do alumnado do século XXI como principal obxectivo, a Consellería de Educación continúa a apostar polo Edixgal e os programas de ordenación e innovación educativa, cuxos presupostos medran o 64% e o 150%, respectivamente.
A conselleira destacou tamén os programas de prevención do abandono temperá e do éxito escolar, xunto coa estratexia STEM, cun incremento superior ao 38% ata acadar os 4,8 millóns de euros. Precisamente Galicia vén de rexistrar neste terceiro trimestre a taxa máis baixa de abandono educativo temperá desde que se dispón de datos, un 13,5%, o que supón un descenso de máis de dous de puntos respecto do mesmo trimestre de 2017. O dato permitirá manter unha senda positiva, como a que fixo posible pechar 2017 cunha taxa anual do 14,9%.
O financiamento do programa de certificación de competencia lingüística, que sitúa o alumnado galego nas mellores posicións de acreditación con respecto ao resto de España, e as actuacións de inmersión lingüística tamén medran nos orzamentos de 2019. A dotación para estas accións achegarase o vindeiro ano ao millón e medio de euros, un 33% máis que no presente exercicio. Canto ás bibliotecas escolares, as distintas accións previstas neste eido suporán un investimento superior aos dous millóns de euros. O obxectivo é manter as mellores posicións da OCDE en comprensión lectora.
Consciente de que o ensino ten que ser tamén sensible ás necesidades de conciliación das familias, como parte da comunidade educativa, a Consellería de Educación destinará en 2019 un total de 28,8 millóns de euros para comedores escolares, aos que hai que engadirlles os máis de 17,8 millóns para o pagamento dos salarios do persoal que os xestiona.
O transporte, outro dos servizos complementarios fundamentais para garantir o acceso igualitario ao sistema educativo, suporá o vindeiro ano un investimento de 104,6 millóns de euros. Moveranse así cada día un total de 90.000 alumnos, especialmente do rural, no que é a rede de transporte escolar pública máis grande de España.
Neste marco de acción de apoio ás familias figuran tamén as axudas para a adquisición de material escolar e de libros de texto, que ascenden a case 11 millóns de euros. A eles súmanselles máis de 3 millóns de euros para a compra e reposición de libros do Fondo Solidario.
A Formación Profesional continúa a ser unha das grandes apostas da Consellería de Educación, cunha dotación de 970.000 euros aos proxectos de I+D e ao fomento e difusión destas ensinanzas, e de 220.000 ao Plan de emprendemento. Destaca especialmente o incremento orzamentario destinado á FP Dual, dun 87,5%.
Canto ao ámbito universitario, Carmen Pomar salientou o investimento dedicado a I+D+i, dun total de 79,9 millóns de euros, o que representa un incremento do 5,2%. Ademais, Educación destinará no próximo exercicio 266,7 millóns ao Plan de Financiamento das Universidades 2016-2020.
Canto ao investimento en infraestruturas educativas, a Consellería de Educación prevé destinar 36,3 millóns de euros, un 6% máis que o pasado ano, a diferentes proxectos nas catro provincias galegas.
Así, iniciaranse os novos CEIP Sagrado Corazón en Lugo, cunha dotación de 2,6 millóns de euros e o novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo), con 2 millóns de euros. Para a execución, xa iniciada, do novo CEIP de Mesoiro, na Coruña, destínase máis de 3 millóns euros.
Realizaranse tamén reformas e ampliación no CEIP Lamas de Abade de Santiago (1 millón de euros); no CEIP Laverde Ruiz, en Outeiro de Rei (460.000 euros); aularios de Vedra (700.000 euros); CEIP de Cabanas (550.000 euros) e CEIP Agro do Muíño, en Ames, (500.000 euros). Ademais a conselleira destacou a continuidade dos proxectos de eficiencia enerxética, que xunto con fondos de mellora funcional ascende a 6,7 millóns de euros.
No que se refire aos centros de secundaria, existe unha dotación de 1,4 millóns para a mellora funcional, con reformas de gran calado como as das instalacións eléctricas completas do CIFP do Politécnico de Santiago, o IES Laboral de Culleredo ou o CIFP de Someso, na Coruña. Por outra banda, destínase unha partida de 2,4 millóns de euros para facerlle fronte ás ampliacións en aulas e talleres de centros integrados de Formación Profesional e de Institutos de Ensino Secundario onde se imparte FP.
Como novidade, cómpre sinalar unha nova liña orzamentaria para actuar especificamente nos centros situados en edificios históricos en resposta a unha importante sensibilidade para reformar instalacións que representan o mellor da nosa historia educativa. Pola súa banda, nas partidas de reforma, ampliación e mellora dedicadas a pequenas obras a través das xefaturas territoriais, a contía mantense en torno aos 7,5 millóns de euros.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL