Converter un descampado en pleno centro da cidade no que aparcan os vehículos nunha zona verde versátil. Este é o proxecto que o Concello de Tui quere converter en realidade en tres anos.
O equipo de goberno liderado por Carlos Vázquez Padín presentou esta mañá o anteproxecto de humanización da coñecida como traseira da área panorámica. O plan, deseñado por NAM Arquitectos, propón actuar sobre unha superficie de 6.000 metros na traseira da Área Panorámica e 1.194 metros no lateral do edificio que quedarán libres coa apertura da rúa Ourense, convertendo así este espazo na “praza máis grande de Tui”, nas verbas do seu rexedor.
Porén, “ten que ir vinculada a construción dun aparcamento soterrado” na mesma zona, que contaría cunha única planta de 298 prazas.
O goberno municipal pide agora a participación da cidadanía para, a continuación, comezar a redacción dun proxecto que terá un orzamento de 500.000 de euros e un prazo de redacción de entre 3 e 6 meses.
De saír aprobado continuaría a tramitación administrativa e podería ser realidade en 2020, polo que a urbanización da superficie podería realizarse en 2021. Previamente o próximo ano o alcalde conta que estea rematada a obra de apertura da rúa Ourense que está xa adxudicada.
Os arquitectos Leandro Nogueira e Ángel Matilla de NAM Arquitectos foron os responsables de explicar os detalles técnicos do anteproxecto, no que tiveron en conta os múltiples condicionamentos do lugar como a apertura da rúa Ourense, as rúas lindeiras, a construción do aparcamento soterrado, e circulación da propia cidade, os equipamentos existentes no entorno…. A súa proposta é unha gran zona verde “cruzada por dúas vías principais que xerará catro zonas verdes que no seu interior crearán unha zona máis pavimentada, máis urbana”. Unha das catro zonas estará destinada ao público xuvenil con parque infantil con zona de sombra.
Haberá dous espazos con protección solar con múltiples usos que poderán albergar exposicións, reunións, ou diversas actividades, e unha cuarta zona que acollerá un pequeno palco para pequenas actuacións.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL