O centro de investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO, entregará a súa distinción anual CINBIO Gold Talk á investigadora xermano-estadounidense Nicole Steinmetz, profesora da Universidade de California, directora fundadora do Centro de Nano-ImmunoEngineering (nanoIE) e codirectora do Center for Engineering in Cancer dos Estados Unidos. Será o vindeiro luns 23 de setembro ás 12.30 horas no hotel Attica 21 (r/ Samil, 15) nun acto no que a galardoada terá a oportunidade de ofrecer unha charla coa que inspirar e amosar o seu traballo ás persoas asistentes.
Con este galardón o CINBIO busca recoñecer o traballo de persoas e institucións que impulsan a ciencia e inspiran a diario co seu discurso, contribuíndo así ao impulso e desenvolvemento da ciencia, xa sexa a través do exercicio da investigación ou doutras facetas relacionadas que favorecen e fomentan o progreso da I+D, sobre todo nos ámbitos da biomedicina e os nanomateriais. “A través deste evento tentamos non só homenaxear as traxectorias de científicos e científicas, senón tamén destacar o papel fundamental que desempeña a ciencia no avance da sociedade e do coñecemento humano”, tal e como explica o director do CINBIO, Miguel Correa.
Nicole Steinmetz, súmase así ao profesor Lluís Torner, director do Instituto de Ciencias Fotónicas, ICFO, de Barcelona, que foi o galardoado na primeira edición deste evento, celebrada en outubro do ano pasado. O prestixioso científico tivo daquela a oportunidade de compartir coa sociedade viguesa a súa filosofía de traballo, compartindo as súas perspectivas sobre a relevancia da investigación e a maneira en que o investimento en ciencia básica pode impulsar avances significativos para o conxunto da sociedade.
Neste 2024 a encargada de recoller o galardón será Nicole Steinmetz. Graduada na Universidade RWTH-Aachen de Alemaña, continúou o seu proceso formativo no Instituto de Investigación Scripps, en La Jolla, California e, posteriormete, doutorouse en Bionanotecnoloxía na Universidade de East Anglia/John Innes Centre, en Norwich, Reino Unido.
O seu traballo de investigación céntrase na enxeñaría de materiais a partir de virus de plantas e están orientados a aplicacións en saúde humana e vexetal, como a distribución de medicamentos e pesticidas, vacinas e inmunoterapias. É autora de preto de 300 artigos en revistas científicas (índice H >70) e inventora de máis de 70 patentes e solicitudes de patentes. Nos últimos 10 anos, a doutora Steinmetz recibiu subvencións como IP e co-IP por un importe total de preto de 50 millóns de dólares.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL