Como de costume en outubro, Moaña acolle a súa feira ECOartesá coa que promocionar os produtos ecolóxicos e naturais da nosa terra, pero tamén como boa escusa para saír a desfrutar dunha xornada de domingo e desfrutar da gastronomía galega.
Organizada polo Concello en colaboración con Ekohuerta, esta nova edición da feira de artesáns, produtos ecolóxicos e agricultura sustentable celebrarase o domingo, 21 de outubro de 11:00 a 20:00 horas na contorna do palco da música, ao carón da praza de abastos.
Desta vez, ao redor de 130 postos acudirán á chamada do municipio do Morrazo para mostrar os seus mellores produtos.
En cada edición, a feira tenta sorprender aos asistentes coa demostración dun oficio tradicional. Un mestre artesán instálase en Moaña e traballa en directo os seus produtos, amosándonos non so o seu bo facer, senón tamén o traballo que moitos dos devanceiros facían no seu día a día. Desta vez será un zoqueiro o que se encargue de sorprender aos asistentes cun oficio arestora case desaparecido pero vital noutro momento da nosa historia. Ademais, haberá tamén produtos artesáns de cestería ou cerámica.
Ao carón dos artesáns, na parte central da feira, estarán os postos de alimentación e produtos gastronómicos elaborados. Así, os asistentes poderán degustar polbo, mexillóns ou calamares na sección dedicada ao mar, pero tamén haberá pizza e sidra artesá, viños da terra e comida vegana. Non faltarán tampouco os produtos da horta e os queixos ecolóxicos.
Aínda que quedan algo máis de dous meses para as festas de Nadal, os máis previsores xa comezan a facer as súas compras para agasallar á familia e amigos. A feira ECOartesá deste domingo é unha oportunidade ideal para facerse con produtos sorprendentes que van dende a cosmética natural até chamativas antigüidades.
Dende a concellería de Turismo e Promoción Económica destácase que outro dos obxectivos da feira e poder ser punto de encontro de familias, permitindo a conciliación laboral e ofrecendo actividades tamén para a rapazada. Así, este desta vez os cativos poderán participar nun obradoiro de monicreques de papel con Viravolta Títeres ás 17:00 horas. Algo máis tarde, ás 18:30 horas, será o momento para que queimen toda a enerxía co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Ademais de todos os puntos anteriores, outro dos motivo para achegarse a Moaña non é outro que poder desfrutar dun dos últimos domingos de sol e boa temperatura paseando na beira do mar nun ambiente festivo.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL