Oito espectáculos conformarán a oferta do segundo semestre do ano no Teatro Municipal de Tui. Unha actividade que mantén a aposta de "calidade, variedade, estabilidade e continuidade" marcada ao longo dos últimos anos.
Así, a programación contará con comedia negra como “A leituga”, teatro infantil como “Peter Pan e Wendy” ou música en directo con “Noró”, de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.
O teatro tudense abrirá as súas portas o venres 5 de outubro ás 21.30 horas coa obra “A leituga” de Eme2. Dirixida por Víctor Duplá e protagonizada por Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro, Xosé Barato e Antonio Durán “Morris” achéganos en formato de traxicomedia á unha cena que tres irmáns e as súas parellas celebran anualmente co gallo do aniversario do pai –que está en coma dende hai anos–. Unha obra que, nas verbas de Antonio Durán “Morris” amosa un “espectáculo difícil dende o punto de vista da creación” que da coma resultado unha “comedia moi negra que ten moito que ver coa vida”.
Un dos pratos fortes chegará da man da música en directo co concerto de “Noró” da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o venres 9 de novembro, ás 21.30 horas. “Noró” é o segundo traballo en solitario de Díaz, o que foi emblemática voz de Berrogüetto. Despois da revolución do seu primeiro album, “The Tambourine Man”, o músico coruñés continúa coa senda da música tradicional do norte peninsular, non soamente galega senón tamén zamorana ou leonesa.
No apartado cinematográfico, a cita será coa multipremiada “Dhogs”. Este thriller psicolóxico é a opera prima de Andrés Goteira. Estreada no Festival de Cine Independente de Buenos Aires a nivel internacional e no Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) a nivel galego, foi a gran vencedora da gala dos XVI Premios Mestre Mateo. Partía como favorita, con até 17 candidaturas, e logrou 13 galardóns, facendo historia como a máis premiada da historia dos premios galegos. Proxectarase o venres 19 de outubro.
O público infantil poderá gozar de “Rubicundo” da man de Ghazaflehos o xoves 11 de outubro, ás 20:00 horas, nunha historia máxica chea de sorpresas protagonizada por Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patiño.
O venres 26 de outubro será a quenda de “A fiestra dos soños” un espectáculo musical de Trotaventos baseado no libro homónimo e no que sobre o escenario estarán Manuel Boquete, Ramón Feáns, Nadia Fonseca, Roberto Grandal e Dani Riveiro.
“Peter Pan y Wendy” é o título da obra que Gemma Viguera e Fernando Moreno de El Perro Azul representarán o mércores 31 de outubro ás 20:00 horas.
Completa a oferta para o público máis novo o espectáculo de danza contemporánea “Gaia” de Entremáns Cía no que Kirenia Celia Martínez e Estefanía Gómez nos descubrirán o poder da terra a través da voz e a danza o venres 16 de novembro ás 20:00 horas.
Por último pecha a programación deste semestre o xa tradicional Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Tui e do coro Mistura Vocal o venres, 21 de decembro, ás 21:00 horas.
As entradas para cada espectáculo poranse á venda unha semana antes do espectáculo en www.culturatui.info ou o mesmo día da función hora e media antes do comezo no despacho de billetes na Área Panorámica. A programación vén recollida no número 36 da axenda Corredoira Cultural.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL