A Oficina de Turismo de Oia acolle ata final de mes a mostra de fotografías antigas "Memorias da telleira", unha selección de imaxes dos anos 50 e 60 do século XX que ilustran como era o traballo dos cabaqueiros. A mostra pode visitarse de mércores a domingo de 10:00 a 17:00 horas, ata o próximo día 30 de setembro.
As fotografías proceden da colección particular de Pepe Buraco, veciño do Rosal, que traballou como telleiro durante 13 anos, e da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Viladesuso. Nelas aparecen veciños de Oia que traballaron en telleiras de diveras zonas de Galicia e España.
Esta actividade enmárcase dentro da programación da terceira edición do Festival do Rei Sol, que ofreceu unha decena de actividades lúdico-culturais entre o 14 e o 16 de setembro. Entre elas, unha conferencia onde o propio Pepe Buraco falou sobre a vida e traballo dos cabaqueiros e das súas familias e concretou as distintas telleiras que se teén localizado no concello de Oia, unhas 13 segundo indicou durante o seu relatorio.
Máis de 200 persoas teñen asistido ás distintas propostas lúdico-culturais programadas durante os tres días que durou o Festival do Rei Sol. Visitas guiadas, obradoiros infantís, relatorios, espectáculos de teatro e narración oral, unha contemplación do solpor desde o castro de Cano dos Mouros e a exposición de fotografía –que se pode visitar ata final de mes- foron as actividades desta edición.
O Festival do Rei Sol leva o nome do protagonista dunha lenda local asociada ao castro do Cano dos Mouros, na parroquia de Viladesuso (Oia). Partindo desta historia, esta cita cultural pretende servir como elemento para revalorizar o patrimonio local –especialmente o inmaterial-- e concienciar sobre a necesidade de preservalo para as futuras xeracións.
O evento, organizado pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, desenvolveuse coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua e Pontegal) e de diversos colectivos locais como a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e a Asociación de Veciños de Viladesuso.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL