A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou , asegurou que a institución provincial vai “planificar unha campaña contra as agresións e violencias sexuais cunha perspectiva máis ampla para poder chegar non só aos lugares aos que acode un número moi amplo de persoas, como se está a facer en festivais de música e festas da provincia, senón tamén aos centros educativos que queiran empregar os nosos materiais”. Así o salientou na presentación do balance das campañas de concienciación social que puxo en marcha este verán a Deputación de Pontevedra, concretamente a que ten por obxectivo previr, actuar, concienciar e sensibilizar contra as agresións sexuais e as violacións, baixo os lemas ‘Eu decido, ti respectas’ (que xa puxo en marcha o pasado ano) e ‘Conta comigo, eu respéctote’ (por primeira vez este ano, involucrando tamén aos mozos).
Deste xeito, a Deputación recolle a preocupación dos e das profesionais do sector psico-sanitario, educativo e social que pediu información para poder trasladar aos seus postos de traballo, especialmente aos e ás docentes de educación secundaria que “ven necesario traballar co sector adolescente para evitar relacións baseadas na xerarquía e control, como observan nas aulas e patios de recreo”. A institución provincial imprimirá máis materiais das súas campañas e remitiraos aos centros educativos interesados.
Te puede interesar: Las razones que hacen del SinSal un evento único
A Deputación instalou un stand das campañas nos sete #RíasBaixasFests, que se celebraron entre xullo e agosto en Caldas de Reis, Nigrán, A Illa de Arousa, Redondela, Bueu, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Atendéronse a máis de 8.000 persoas: 1.620 en PortAmérica, 460 en Vive Nigrán, 820 en Atlantic Fest, 660 en SinSal, 940 en SonRías Baixas, 2.500 no Marisquiño e 1.000 no Revenidas. Delas, o 60% foron mulleres e o 40% homes, suscitando un grande interese por parte das mulleres. Pola contra, detectouse que “os mozos máis novos foron os máis reticentes e os que máis se amosaron á defensiva ao falar sobre a violencia sexual e sobre a necesidade de abordala como unha problemática social, o que pon de manifesto que os mozos se senten atacados nestas campañas”, informou Carmela Silva. Por este motivo, a Presidenta provincial concluíu que “non se está educando para que haxa unha conciencia” e asegurou que “se nos achegamos aos centros de secundaria, estou segura de que o alumnado non sabería responder que no Estado ocorren oito violacións ao día”.
Malia a iso, tamén houbo un amplo grupo de homes que agradeceron a campaña, así como as mulleres, moi receptivas coa campaña e especialmente as máis novas. No caso das familias, “detectamos a vontade dos nais e pais de que as súas fillas e fillos fosen educadas e educados en igualdade”, salientou a Presidenta, e do mesmo xeito entre as persoas maiores de 65 anos “atopamos grupos de mulleres que amosaban a necesidade de seguir loitando por unha sociedade igualitaria e que nos contaron experiencias dramáticas”.
Ademais da instalacións dos stands, a Deputación de Pontevedra tamén formou ao abeiro das campañas ‘Eu decido, ti respectas’ e ‘Conta comigo, eu respéctote’ aos e ás profesionais das mesas locais de coordinación contra as violencias machistas con xornadas previas á celebración dos festivais. Participaron máis de 50 persoas entre persoal da Policía Local, Protección e Garda Civil, psicólogos e psicólogas, traballadoras e traballadores sociais, avogados e avogadas, persoal técnico e sanitario. Proporcionóuselle formación sobre a violencia sexual, o consentimento, os mitos sobre a violencia sexual e déronse recomendacións para profesionais sobre o xeito de actuar ante vítimas de violencia sexual.
A Presidenta tamén ofreceu un balance da campaña medioambiental ‘Somos historias. Somos sostibles’ que tivo por obxecto concienciar e promover a reciclaxe de residuos, especialmente os plásticos e as cabichas, e que “o ano que vén imos ampliar”. A campaña chegou aos #RíasBaixasFests, a tres festas significativas e a 10 praias da provincia de Pontevedra. “En total repartimos 22.000 ecocabichas, máis de 11.000 nos festivais, 3.200 en festas, 5.600 nas praias e outras 3.000 en distintos eventos”, asegurou Carmela Silva, que tamén informou de que “estamos a distribuír outras 10.000 ecocabichas nas oficinas Rías Baixas e o material de concienciación tamén estará dispoñible nelas durante o mes de setembro”.
A Presidenta sinalou a moi boa acollida que tivo a campaña, especialmente entre os pais e nais novos e novas, que foi o perfil máis receptivo á hora de coñecer a problemática ambiental actual: a contaminación do medio ambiente e dos océanos e a necesidade de reciclar. Ademais, asegurou que “a problemática medioambiental que supoñen as cabichas foi unha sorpresa para moitas e moitos usuarios”, sinalou Carmela Silva, facéndose eco dos datos recollidos nos stands, xa que moitas persoas aseguraron desfacerse delas polos sumidoiros sen ser conscientes de que acabarían no mar ou nas depuradoras, contaminando a auga.
En xeral, as usuarias e usuarios de ‘Somos historias. Somos sostibles’ alentaron a necesidade de difundir máis estas mensaxes, recoñecendo que non chegan á maioría da poboación. Tamén aseguraron que lles chamou á atención “que incide nun residuo, as cabichas, que aparentemente é inocente para a meirande parte da poboación, pero que é moi prexudicial para o medio ambiente”. A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), a entidade que xestiona as Bandeiras Azuis, trasladou a súa felicitación á Deputación de Pontevedra por ter posto en marcha esta campaña.
‘Somos historias. Somos sostibles’ repartiu 11.150 ecocabichas nos #RíasBaixasFests: 1.200 en PortAmérica, 1.000 en Vive Nigrán, 1.000 en Atlantic Fest, 700 en SinSal, 2.000 en SonRías Baixas, 2.500 no Marisquiño e 2.750 no Revenidas. Ademais, 3.200 en festas: 1.500 na Festa do Albariño de Cambados, 1.000 nas Festas do Carme do Grove e 700 na Rapa das Bestas de Sabucedo. No caso das praias, 5.600 ecocabichas repartidas deste xeito: 200 na Praia do Con (Moaña), 400 na do Muíño (A Guarda), 100 en Aguete (Marín), 600 en Area da Secada (A Illa de Arousa), 1.000 en Patos (Nigrán), 500 en Portomaior (Bueu), 250 na praia fluvial da Barosa (Barro), 300 en Menduiña (Cangas), 250 na praia fluvial de Ponte Caldelas e 1.000 en Montalvo (Sanxenxo).
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL