O Festival do Rei Sol volve por terceiro ano consecutivo á Costa dos Castros de Oia co obxectivo de revalorizar o patrimonio cultural deste territorio, especialmente o seu rico legado inmaterial. A cita cultural se celebrará entre o 14 e o 16 de setembro e incluirá actividades gratuítas pensadas para o desfrute de todos os públicos.
Visitas guiadas, obradoiros infantís, relatorios e espectáculos das artes escénicas compoñen a programación deste ano, que achegará as súas propostas a diversos puntos do municipio.
Así, a programación do Festival do Rei Sol 2018 abrirase o venres 14 de setembro cunha dobre actividade dedicada ao oficio tradicional da telleira. Ese día desenvolverase un obradoiro infantil de traballos manuais para confeccionar as tellas do Rei Sol e, a continuación, terá lugar unha charla sobre a telleira en Oia a cargo de Pepe "Buraco". A xornada inaugural rematará cunha función de teatro.
Os actos principais do festival desenvolveranse ao longo da tarde do sábado 15 de setembro no castro do Cano dos Mouros (Viladesuso), onde haberá unha visita guiada e o grupo veciñal O Mellor de Cada Casa representará unha obra de teatro ambientada no mundo galaico.
A continuación se desenvolverá o espectáculo de narración oral titulado O eco das pedras, a cargo da artista Raquel Queizás, e unha contemplación do solpor amenizada polo grupo de música tradicional A Fiada de Viladesuso porá o broche final á xornada festiva.
Ademais, o sábado e domingo pola mañá haberá visitas guiadas especiais ao Arrabal (entorno do Mosteiro de Oia). A través destes itinerarios, que estarán guiados por unha personaxe do século XVIII, descubriremos este barrio histórico a través das súas historias e lendas. As visitas comezarán ás 12:30 horas e o punto de encontro será a Oficina de Turismo de Oia.
O Festival do Rei Sol leva o nome do protagonista dunha lenda local asociada ao castro do Cano dos Mouros. Aproveitando esta circunstancia, con esta cita cultural preténdese revalorizar o patrimonio local -especialmente o inmaterial-, concienciar sobre a necesidade de preservalo para as futuras xeracións e festexar a convivencia entre veciñanza e persoas que visitan o municipio.
A actividade, organizada pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, desenvólvese coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua), e de diversos colectivos locais, coo son a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e a Asociación de Veciños de Viladesuso.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL