O Intercéltico do Morrazo chega este ano á súa XL edición e celebrarase cunha chea de concertos e actividades paralelas de balde. O festival organizado polo Concello de Moaña terá lugar do 23 ao 28 de xullo de 2024 e contará cunha gran programación de directos, con nomes destacados do panorama galego como Budiño ou Mercedes Peón e artistas internacionais como Brighde Chaimbeul & Cyril O’Donoghue.
Complementando a programación de balde que ofrecerá o festival, cunha ampla representación moañesa, celebrarase a terceira edición da Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional, que contará con cartel propio, será presentado nas próximas datas. Este evento paralelo terá presentacións, expositores, obradoiros, desfiles e actuacións de música e danza tradicional e está organizado pola Asociación Moaña AntiQua e o Concello de Moaña.
Dentro do programa de concertos de balde que ofrecerá o Festival Intercéltico do Morrazo entre o xoves 25 e o sábado 27 de xullo destacan grandes nomes como Budiño, Mercedes Peón ou Brighde Chaimbeul & Cyril O’Donoghue. Serán nove os directos que ofrecerá o festival do Morrazo, que comenzará os xoves 25 de xullo ás 22:00 horas con Xavier Blanco en Raíz, o mestre gaiteiro local que ofrecerá unha representación de música de raíz e tradicional identitaria de Moaña.
A continuación será o momento de Eoghanxo Unit, o novo proxecto que ven a consolidar a colaboración nos últimos 15 anos entre o gaiteiro moañes Anxo Lorenzo e o violinista irlandés Eoghan Neff. A noite pechará co sabor escocés co trío de Finlay MacDonald, quen foi un dos primeiros gaiteiros en recibir unha licenciatura en música e gaita escocesa pola Royal Scottish Academy of Music and Drama, abrindo camiño como un dos mellores expoñentes da gaita tradicional e contemporánea en Escocia.
O proxecto de Obal abrirá a sesión do venres ás 22:00 horas. A banda formada polo moañés Iván Costa xunto a Jaime Rebollo e Diego Langarika, presentarán o seu novo espectáculo que combina os seus traballos discográficos anteriores "Baile en Massó" (2019) e Posotopía (2022).
A continuación chegará Mercedes Peón, quen volve ao Intercéltico con “Ingrávida” a celebración do vixésimo aniversario do seu primeiro disco en solitario. Despois de afondar na tradición durante máis de 25 anos, Mercedes Peón sube aos escenarios consolidada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da música contemporánea e de raíz.
Pechará a noite do sábado o grupo de música tradicional galega Os Melidaos. Autodefinidos como sete gaiteiros que tocan e cantan, veñen desenvolvendo a súa actividade musical dende 2001 baixo o principio de que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar.
Xa de cara ao sábado 27 de xullo, chegará os escenario do FIM a histórica banda de gaitas Xarabal, fundada por Antón Corral en 1984 co seu “40 aniversario”. Subirán ao escenario ás 22:00 horas tralo seu propio desfile por Moaña.
A continuación será o momento de Budiño que presentará na súa casa o seu último traballo “Branca Vela”, un proxecto participado con grandes amigas e amigos do músico moañés: Leilía, Guadi Galego, De Vacas, Diego Cabaleiro, Tania Caamaño entre outras, ademais de dúas letras compostas por Antía Otero e Manuel Rivas.
Pecharán a noite e os concertos do FIM Brighde Chaimbeul & Cyril O’Donoghue. A escocesa Brìghde Chaimbeul recibiu o The Horizon Award á mellor artista emerxente nos BBC Radio 2 Folk Awards 2019, tamén é a gañadora do BBC Radio 2 Young Folk Award de 2016 e a candidata aos Scots Trad Music Awards 2017 "Up and Coming". Brighde toca a smallpipe escocesa cun estilo enraizado na cultura e na lingua gaélica, pero inspírase nunha variedade de tradicións de gaitas. Estará compañada polo mítico intérprete de guitarra e buzuki, o irlandés Cyril O’Donoghue que volve ao Intercéltico logo de estar presente na edición de 2016 coa formación irlandesa Dubhlinn.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL