A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra acaban de asinar un novo convenio de colaboración grazas ao cal se estenderán ata 2028 os cursos gratuítos de español para inmigrantes maiores de 16 anos, que se atopan en situación regular en España e están empadroados nalgún dos concellos da provincia. En total ao longo destes catro anos vanse ofertar 240 prazas para participar nestes cursos que teñen por finalidade preparar aos inmigrantes para a proba de acreditación do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE) expedido polo Instituto Cervantes.
A través deste convenio entre a Deputación e a Universidade de Vigo impartiranse tres edicións anuais dos cursos de ata 60 prazas, cun máximo de 20 alumnas/os por aula. As accións formativas teñen por obxectivo preparar de xeito práctico as probas para obter a certificación, con simulacros de exame e técnicas, estratexias e habilidades para aproveitar ao máximo os coñecementos. Deste xeito a través dos cursos prepararanse tanto a proba de comprensión lectora, como a auditiva e as de expresión e interacción escrita e oral con textos de exames, mostras de audios e vídeos similares aos reais.
Este ano os cursos terán lugar en Pontevedra, Vigo e, por vez primeira, en Vilagarcía, rexistrándose unha demanda superior á do pasado ano, con 120 solicitudes fronte ás 94 do 2023. As accións formativas comezarán en Pontevedra e Vigo, onde se desenvolverán entre o 20 de maio e o 5 de xuño. Pola súa banda, a quenda de Vilagarcía terá lugar entre o 10 e o 26 de xuño. Ademais, as tres accións formativas completaranse cunha sesión dunha hora de duración no mes de setembro antes do exame DELE A2, previsto para o día 13, coa finalidade de lembrar a estrutura da proba e resolver dúbidas de derradeira hora.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL