Unha oportunidade irrepetible de presenciar en directo a algunhas das mellores bandas do rock progresivo e do stoner da Península Ibérica. O sábado 24 de febreiro, a Sala Rebullón organiza un "mini festival" que contará con tres grupos de referencia no stoner rock: os galegos Moura, os portugueses Desert’Smoke e os tamén galegos Mascada. A entrada anticipada ten un prezo de 15 euros a través da plataforma Vivetix, mentres que en billeteira terá un prezo de 18 euros.
Moura, coa súa mistura de rock progresivo, psicodelia e tradición galega, é sen dúbida unha das bandas de rock máis interesantes do panorama estatal. E proba disto é o seu paso por citas de primeiro nivel, coma o Resurrection Fest, Monkey Week, Sound Isidro, Festival de La Luz, SonicBlast, Festival Noroeste ou Los Conciertos de Radio 3, entre outras. En 2023 presentaron ao vivo 'Axexan, espreitan', o seu segundo disco, e embriagaron co seu aquelarre sonoro a tódalas persoas que presenciaron algún dos seus concertos.
Pola súa banda, Desert' Smoke atópase entre o mellor do stoner e do rock psicodélico portugués. Os de Lisboa gozan de prestixio e lograron captar a atención de importantes festivais, como o SonicBlast ou o Woodrock, entre outros. Con dous discos editados, Desert’ Smoke presentará un espectáculo de rock poderoso cunha potente sección rítmica, unha auténtica viaxe ao deserto da man do cuarteto portugués. En febreiro deste 2024, ano no que lanzarán o seu novo traballo, o grupo comeza a súa primeira xira por Europa, que os levará por escenarios de Portugal, Francia, Suíza, Italia e España, con parada na Rebullón o 24 de febreiro.
Por último, Mascada tamén destaca pola súa proposta de rock en galego. O dúo, baixo e batería, destila adrenalina e actitude, con influencias do stoner, a psicodelia e mesmo do rock progresivo. Beben de todos estes estilos, pero sobre todo do ecosistema musical que lles rodea. Cantan en galego porque viven en galego. É a forma máis sincera e verdadeira de liberar no micro o que lles sae de dentro. Utilizan a lingua con total naturalidade, fuxindo de clixés e etiquetas políticas. Da mesma maneira tamén confían no poder de expresión da propia música, polo que dan cabida a temas 100% instrumentais.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL