A evolución da obra artística de Castelao chega a Tomiño. O Mercado Municipal de Tomiño acolle dende o vindeiro 16 de febreiro e ata o 17 de marzo a exposición 'Castelao grafista (facsímile)', unha mostra realizada en colaboración con Afundación que reúne unha ampla selección das múltiples facetas do rianxeiro. Trátase dun proxecto de difusión internacional coa que se divulga a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares e permitirá a tomiñeses e tomiñesas "coñecer e desfrutar dalgunhas das súas creacións e das súas inmensas achegas á historia máis recente de Galicia", como sinalou a alcaldesa, Sandra González.
Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político... Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un dos máis importantes intelectuais galegos, un verdadeiro humanista e un referente de loita, amor e traballo por Galicia. A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum 'Cousas da vida' de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte Abanca, xunto con obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares.
Ademais, o público poderá desfrutar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas, ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
O Concello de Tomiño colabora con este proxecto expositivo organizado por Afundación Obra Social Abanca, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia. A mostra estará aberta ao público de martes a domingo de 09:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas e contará cun acto de inauguración oficial o vindeiro mércores 21 de febreiro ás 19:00 horas que estará aberto ao público.
A mostra trae ademais aparellada a acción social denominada ‘CulturaxAlimentos’, unha iniciativa de recollida de alimentos non perecedoiros. Dende o Concello animan a todas as persoas asistentes á exposición a colaborar con esta campaña achegando alimentos que logo serán repartidos no municipio a través do servizo de Benestar Social do Concello de Tomiño.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL