30 mulleres enxeñeiras, con traxectorias de excelencia académica e profesional, son as protagonistas da mostra que dende este xoves e ata finais deste mes se poderá visitar na Escola de Enxeñería Industrial. A exposición itinerante "Mujeres ingenieras de éxito y su impacto en el desarrollo industrial", impulsada pola Unión de Asociaciones de Ingenieros Técnicos Industriales de España (UAITIE), chega a Vigo tras o seu paso por máis de 15 cidades de toda España co obxectivo de abordar a fenda de xénero nas carreiras de enxeñaría e, ao tempo, poñer en valor algunhas das figuras femininas máis representativas deste eido.
A mostra está formada por 30 paneis que recollen as historias doutras tantas mulleres que amosan o camiño das diferentes ramas da enxeñaría dende o século XIX ata a actualidade, dende aquelas pioneiras que marcaron tendencia e conseguiron grandes logros, patentes e invencións, ata outras mulleres contemporáneas que, a base de traballo, esforzo e vocación, foron quen de acadar o éxito nos distintos campos da enxeñaría. Entre outras, nesta mostra as e os espectadores poderán achegarse a figuras como Ángela Ruiz Robles, Rosa Franco Rivas, Susana Carballo Cuesta, Dubra Rodríguez López ou Mónica Ariño Castellano.
A exposición poderá visitarse na sede campus da EE Industrial dende este xoves ata o 15 de febreiro e na sede cidade en Torrecedeira do 16 ao 29 de febreiro no horario de apertura habitual do centro. A iniciativa conta coa colaboración da Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da Rama Industrial de Pontevedra e co patrocinio deste Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (Coitivigo).
No acto de inauguración da mostra, o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, poñía o foco “nun dos principais problemas que temos na enxeñaría, a falta de mulleres” e convidaba a todas a partes a “facer todo o posible para reverter esta situación, porque na enxeñaría, como calquera outro ámbito profesional, o que se precisa son persoas con talento”, con independencia do xénero.
Lago apuntaba que a solución pasa por “comezar dende abaixo, nas familias, non facendo distincións e dicíndolle ás nosas fillas que teñen que estar preparadas para ser unhas boas profesionais no ámbito que desexen”. O vicerreitor tamén puxo o foco nas universidades, “que deben desenvolver todas as iniciativas posibles para eliminar os nesgos e para captar talento con independencia do xénero, porque na enxeñaría o único que se precisa é esforzo e traballo. Queda moito camiño por andar pero creo que, se todos participamos, as cousas van cambiar”.
O director da escola, Juan E. Pardo Froján, tamén participou no acto e amosou a súa satisfacción por acoller no centro que dirixe esta mostra, sobre todo, a unha semana de deixar o cargo, “é un bo broche” a esta etapa de case sete anos á fronte da escola. Pardo Froján quxo cifras á fenda de xénero nas titulacións STEM e explicou que na EEI, a pesar de levar moito tempo traballando para a eliminación das barreiras de xénero, as mulleres representan só o 20% do alumnado e sinalou a existencia “de grandes asimetrías entre as titulacións do centro”. Así, mentres nalgúns graos as mozas apenas chegan ao 10%, noutros son maioría”, o que demostra, ao seu entender, que “detrás da escolla da titulación persisten estereotipos e razóns culturais que fan que a selección non obedeza a uns criterios obxectivos”.
Igual que o vicerreitor, Pardo Froján fixo un firme defensa do talento e do mérito, con independencia do xénero, mesmos termos nos que expresou a concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias. Esta última recalcou que, ademais dos compromisos persoais coa igualdade, as administracións públicas deben xogar un papel determinante e “esta mostra é un exemplo de como poñer en valor o protagonismo das mulleres”.
A dez días da celebración do Día da Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, no transcurso deste acto, ao que tamén asistiron representantes dos colexios oficiais e o secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, fíxose unha chamada de atención sobre a necesidade de espertar vocacións femininas para as carreiras técnicas e científicas. “Temos unha gran fenda que rachar nas carreiras STEM e cómpre traballar para que as nenas escollan este tipo de carreiras e se interesen por elas, porque esta desigualdade provoca un grandísimo desaproveitamento do talento e do potencial da metade do mundo, que é clave para a innovación e o desenvolvemento empresarial e social. Sigamos inspirando, sigamos educando e sigamos empoderando ás nenas, rapazas e mulleres da nosa sociedade”, demandaba a concelleira de Igualdade.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL