A Catedral de Tui é unha das xoias de Galicia. Un dos grandes monumentos da nosa comunidade convértese durante sete días no escenario de Música no claustro, un festival que volve este ano tras unha "parada técnica" polas obras no templo e cunha programación que xirará arredor da figura de Diego de Avellaneda. bispo de Tui no século XVI.
Música no claustro afronta a súa edición máis ambiciosa. O obxectivo é reencontarse co patrimonio, aportar vida cultural a un monumento da singularidade e a beleza da Catedral de Tui. O evento será moito máis que concertos no interior do templo. O evento non só é música clásica. Haberá actuacións renacentistas e barrocas, pero na programación tamén hai espazo para os amantes do jazz e para coñecer ós novos talentos co concerto de "ciclo de novos intérpretes".
No apartado musical, o evento contará con tres concertos con Diego de Avellaneda como fío conductor. Música no claustro, que comeza este sábado e durará un total de sete días, arranca co recital de Álterum Cor (4 de agosto ás 21:30 horas), Germán Díaz e Benxamín Otero (5 de agosto ás 21:30) e Jonathan Alvarado (7 de agosto ás 21:30).
O jazz, a homenaxe a Claude Debussy e o ciclo de novos talentos completan a programación musical de Música no claustro. Un dos grandes atractivos desta nova edición do festival que ten lugar na Catedral de Tui é a actuación da africana Tina Masawi, que chega á comarca do Baixo Miño para presentar a súa proposta xunto ao guitarrista español José Antonio Hernández baixo o nome de "Tina & Joe" (luns 6 de agosto ás 21:30 horas). As outras citas que enriquecen este festival serán os recitais de Kebyart Ensemble en memoria de Debussy (8 de agosto ás 21:30), o ciclo de novos intérpretes (xoves 9 ás 21:30) e o concerto de Eva Fernández en formato trío (venres 10 ás 21:30).
https://www.youtube.com/watch?v=yc7_8kX5lmU
Unha das particularidades de Música no claustro é a apertura cara outras artes. Ademais dos concertos, o público poderá asistir ao recital poético de Yolanda Castaño (venres 10 ás 21:30 horas), a presentación do libro que aborda a primeira viaxe de Federico García Lorca a Galicia (xoves 9 ás 20:00 no local Ideas Peregrinas) e experiencias nocturnas que inclúen percorridos ao remate de cada concerto pola Catedral de Diego de Avellaneda. O roteiro require inscrición previa e ten un prezo de 6 euros que inclúe un viño no ambigú que terá lugar no xardín de Palacio da Catedral de acceso libre, un lugar de encontro ao finalizar as actuacións musicais entre artistas e público no que tamén haberá diferentes petiscos galegos. Os interesados en apuntarse nos percorridos deben escribir ao correo contacto@musicanoclaustro.com ou chamar ao teléfono 622 608 494.
Música no claustro tamén programa distintas actividades paralelas. Ademais dos percorridos nocturnos ou o ambigú, o festival que dirixe Samuel Diz estrea "Caricias en braille", un itinerario adaptado a persoas con discapacidade visual na que poderán tocar diferentes obras do legado artístico da Catedral de Tui e descubrir a través do tacto os diferentes materiais e as texturas da escultura.
https://www.youtube.com/watch?v=PbDwcx4WGZo
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL