Ponteareas volverá ser entre o 18 e o 24 de agosto a referencia galega da música clásica da man do Festival Groba. Artistas internacionais como a violinista surcoreana Jiyoon Lee ou o pianista italiano Sandro D’Onofrio participarán este ano nun festival “especial”, así bautizado esta mañá polo secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, na presentación oficial da súa sexta edición.
O evento permite cada ano desfrutar da música dun dos creadores galegos máis importantes, Rogelio Groba Groba. O compositor máis prolífico de Galicia conta con máis de 700 obras especialmente pensadas para coro, música de cámara, piano, orquestras de cordas e bandas sinfónicas.
Porén, como gran novidade, este ano o festival virará cara o metal coa presenza do que está considerado como “o mellor trompetista do mundo”, nas verbas do director artístico do festival, Rogelio Groba. Pacho Flores, gañador do primeiro premio do prestixioso concurso internacional “Maurice André” así como do Philip Jones e o Cittá dei Porcia. Recentemente convertido en artista exclusivo da Deutsche Grammophon mostrará a súa calidade musical o sábado, 18 de agosto, no concerto inaugural e o domingo 19 acompañado por dous violíns, viola, cello e contrabaixo.
Aínda no metal, o festival contará cos gañadores do primeiro premio eMuse, a Hércules Brass, caracterizada polo seu amplísimo e ecléctico repertorio. O quinteto galego será o encargado de estrear a obra Distorsións Ubedianas do mestre Groba, dedicada á creación do pintor pontevedrés Rafael Úbeda, segundo adiantou Rogelio Groba Otero.
Outra das novidades é a actuación dun dos coros máis importantes do panorama europeo, o Coro de Cámara de Pamplona, que interpretará, xunto á OCGA , a emblemática Cantata, Cantigas de Mar, con textos de Filgueira Valverde e realizará a estrea mundial dunha das últimas obras compostas polo mestre Groba, Rosalía na Catedral, obra que pon música ao poema de Rosalía de Castro en 8 movementos.
Ademais das obras do mestre Groba, formarán parte dos repertorios dos concertos de cada noite moitos outros compositores como J. Neruda, C. Saint- Saëns, G. Faure, Mozart, E. Granados, Mendelsson, J. Turina, Beethoven… En canto á academia, este ano estará dedicado ás masterclasses de trompeta, cello, violín, viola, cello, piano e música de cámara.
O Auditorio Municipal de Ponteareas será a sede de cada un dos concertos, que arrancarán diariamente ás 21:00 horas, agás o xoves, 23 de agosto, cando se celebre no salón de plenos do Concello.
Con todo, o Festival Grova “non destaca só polas actuacións de gran calidade senón tamén pola súa parte formativa na que conviven os diferentes artistas”, segundo destacou o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal.
Precisamente o alcalde, Xosé Represas, afondou na idea de que esta cita musical servirá para “promocionar e dar oportunidade aos novos talentos que nesta semana ademais de ofrecer concertos tamén aprenden dos mellores mestres da actualidade”.
Na VI edición do Festival Groba, os obxectivos seguen a ser a divulgación da música do compositor Rogelio Groba, o fomento do estudo da música clásica e establecer as canles que faciliten a aprendizaxe con mestres internacionais que complementen a súa formación e, desde Ponteareas, continuar mantendo o nome de Galicia como punto de referencia da música de cámara desde o máis alto nivel internacional.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL