Un final apoteósico para unha edición de ouro. O Festival Intercéltico do Morrazo puxo onte o punto e final despois de tres días de puro folk. Moaña converteuse esta semana na capital galega e europea do folk xuntando nun mesmo escenario a artistas da familia celta e noratlántica.
A cita arrancou coa prometidísima presenza de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. En 2017 protagonizaron un “unplugged” improvisado co incidente da insistente chuvia que, aínda que sinal de identidade da nosa cultura, non sempre chega cando debe. Daquela, o equipo electrónico quedou inutilizado e o concerto desenvolveuse case dun xeito ancenstral. Agora, por fin podemos desfrutar con toda a potencia musical dun directo que fixo vibrar ás miles de persoas que abarrotaron a vila. Saldouse unha débeda pendente nunha cita multitudinaria. Porque a resaltar está o cheo absolutísimo do paseo marítimo de Moaña. Unha edición que se superou, erixindo xa como referencia indiscutible non so en calidade musical senón que tamén en éxito de público ao Intercéltico do Morrazo.
Xabier Díaz, un dos máximos expoñentes do folk galego, contaxiou a súa felicidade e goce pola cultura galega aos asistentes nun concerto con continuas referencias ao acústico do pasado ano que quedará para sempre na nosa memoria.
Apenas pasados uns minutos da medianoite, coa lúa chea no alto do ceo nocturno, dende o escenario escoitouse un “boas noites Moaña”. Karen Matheson, unha das líderes de Capercaillie, tomaba a testemuña. A banda, referencia europea durante tres décadas contaxiaba o seu estilo escocés cos éxitos de tres décadas de imparable actividade.
Tras un unánime aplauso e un posterior “graciñas”, Matheson encargábase de lembrar a súa visita no 1991 ao Festival. “Quizais moitos dos que estades aquí nin tan sequera nacerades”, bromearon. A continuación, unha longa noite de folk que deixou un sabor de boca inigualable. Vaille costar ao festival repetir unha edición como a deste 2018. Longa vida ao Intercéltico do Morrazo.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL