Cunha proposta galega, entre a performance, a música e a danza, a cargo de Ensemble Galería, arrancou a xornada do venres 27 de xullo no SinSal SON Estrella Galicia. Unha xornada na que unha das bandas, Doña (Pamplona) non era secreta, xa que como gañadora do concurso Estudios Mans da Fundación Paidea era coñecida a súa participación. A xornada completouse coa marabillosa voz da guineana Nelida Karr, o novo proxecto da americana Maïa Vidal, Side Chick, e o guateque dos canarios Papaya, encargados de pechar o segundo día de SinSal SON Estrella Galicia 2018.
Con todas as entradas vendidas desde hai semana, o venres 27 o público disfrutou na Illa de San Simón dunha tarde de sol cunha temperatura moi agradable. Unha xornada na que a presenza do público de fóra de Galicia xa se fixo notar. O primeiro concerto foi o de Ensemble Galería, unha formación musical cunha aposta totalmente distinta na forma de interpretar e ofrecer música clásica ao público. Baixo a dirección artística de Alejandro Garrido,tamén promotor do proxecto, o Ensemble desenvolve espectáculos multidisciplinares en espazos, a priori, sen relacionarse co circuíto convencional de concertos.Integrados por tanto na arquitectura, e sen as barreiras que o escenario levanta entre artistas e público, os músicos do Ensemble executan, de memoria e sen un director presencial, un repertorio clásico participando da coreografía e a improvisación de todas as propostas artísticas.
A segunda actuación da tarde do venres foi a de Doña, banda de Pamplona que participou neste SinSal SON Estrella Galicia ao ser un dos grupos gañadores na segunda edición do concurso organizado polos Estudios Mans da Fundación Paideia, coa colaboración de Agadic, Radio 3 e algúns dos principais festivais de Galicia. De momento, aínda non publicaron o seu primeiro disco pero xa se poden percibir as súas preferencias por ese pop soñador de grupos tan coñecidos como Los Planetas ou The Cure.
África, tan presente nestas dúas xornadas iniciais do festival, chegou o venres á San Antón coa voz de Nelida Karr. Ela obtivo o primeiro premio na pasada edición do Festival Vis a Vis, proxecto de cooperación cultural organizado por Casa África, que este ano tivo lugar en Guinea Ecuatorial e contou cun xurado formado polos directores dalgúns dos mellores festivais de España. A galardoada cantante bebeu das diversas fontes musicais do seu país e fusionounas con ritmos de todo o mundo, como o jazz, blues, soul e gospel.
Cambiando de estilo e continente, a estadounidense Maïa Vidal, que xa participara no festival en solitario, volveu en 2018 co seu proxeto Side Chick, no que está acompañada pola cantante barcelonesa Scarlett e Eduardo Benatar, batería de orixe venezolana. Malia as diferenzas de idade, nacionalidade e percorrido musical, a química sonora de Side Chick é indubidable e xa se fixeron un oco nos clubs de Barcelona para, en breve, facer a súa presentación oficial internacional.
Fin de xornada con Papaya, que fixo bailar a todo o público. Desde a publicación do seu primeiro álbum, "No me quiero enamorar", a finais de 2015, todo foron boas novas e inmellorables críticas para a banda Papaya, que lidera a cantante e guitarrista canaria Yanara Espinoza. Bo gusto, elegancia, sensualidade e brillantez son termos apropiados á perfección para o pop que propón Papaya, a un estilo que tamén soa a new wave, beat, ritmos exóticos ou a arranxos orquestrais de guateque. Papaya chegou a San Simón para presentar o seu segundo disco, e só unhas poucas horas antes de viaxar a Londres onde foron convidados a participar no prestixioso Womad 2018.
Ademais, o venres 27 celebrouse unha mesa redonda con representantes de festivais e xornalistas internacionais. Michael Rosen (Digital in Berlin) Matjaz Mancek, (Festival de Ment en Ljubljana, Eslovenia), Katy Lema (Miss Festivales, El País) e Chu Charles (PromotorAsía-Europa). A súa presenza no festival contou co apoio de AC/E a través do programa PICE.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL