Máis apoio para concertos de música en galego en Pontevedra. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Marta Fernández-Tapias mantiveron este martes un encontro con representantes do tecido musical da provincia para comezar a perfilar o contido do programa de difusión da música local en toda a provincia e no que a Deputación "reforzará con máis apoio" o circuíto de concertos de música en galego nos concellos, segundo indica a administración provincial.
Esta reunión de traballo serviu tamén para escoitar as demandas e propostas dos membros do colectivo "para mellorar un programa ao que o goberno provincial dará un forte impulso este ano", asegura a Deputación. “Este programa será unha ponte entre o tecido musical e cultural da provincia, a Deputación e o público para que a música pontevedresa vaia a máis”, explicou López ao comezo da reunión.
O presidente López trasladou aos músicos o compromiso da Deputación coa defensa e promoción da cultura na provincia, unha área estratéxica que conta cunha partida de 4,7 millóns de euros no orzamento deste ano do organismo provincial, un 20 % máis que no 2023. Neste sentido, o mandatario provincial confirmou que o programa musical "será reforzado en todos os aspectos e o tecido musical da provincia xogará tamén un papel fundamental".
“A cultura, o apoio aos creadores e á industria cultural da provincia, así como organizar eventos culturais nos concellos é unha área estratéxica dentro da acción de goberno da Deputación de Pontevedra. Por este motivo, organizamos este encontro de traballo que é un primeiro paso para planificar o ano musical na provincia. Imos escoitar as vosas propostas e as vosas inquedanzas para adaptalas a novo programa de apoio á música e aos músicos da provincia”, explicou o presidente provincial.
O obxectivo deste programa é poñer á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia un catálogo de grupos e solistas musicais profesionais que realizan os seus espectáculos en lingua galega. Unha iniciativa na que se terán en conta as propostas do colectivo para programar en encher de música galega todas as vilas da provincia. “Queremos mellorar as bases coas ideas que teñades porque é un programa que queremos reforzar”, asegurou a vicepresidenta Fernández-Tapias durante a reunión.
Este proxecto para a difusión da música galega non é o único que a Deputación de Pontevedra ten en marcha para apoiar a cultura da provincia. A finais de ano o goberno provincial aprobou as bases do programa Culturea, unha acción dotada cun millón de euros destinada a apoiar ás entidades culturais para facilitar e promover a organización de diversas actividades en todos os concellos da provincia.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL