Dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e sensibilizar á comunidade universitaria e á sociedade sobre a importancia de que todas as persoas formen parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático ou a perda da biodiversidade. Ese é o obxectivo do concurso Móvete polos ODS, impulsado polas tres universidades galegas a través da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento e que na súa terceira edición outorgou tanto o seu primeiro premio como o seu galardón á innovación a dous estudantes da Universidade de Vigo. No primeiro caso, Iván González acadou con Comprométe e coida da auga a distinción ao vídeo que sumou máis gústame no período de votacións, mentres que o xurado decidiu outorgar o premio á innovación a José Manuel Fernández Urbano por O logro do ODS 10 dende a Gobernanza.
Enmarcado no convenio da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento e a Xunta de Galicia, a esta terceira edición presentáronse 21 vídeos de ata un minuto de duración, que debían centrarse en como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan os ODS das Nacións Unidas. Tres dos catro premios outorgados decidíronse polo número de gústame acumulados durante o período de votación aberto na canle Youtube na que poden verse todos os traballos desta edición, na que varios dos vídeos “acadaron cifras tanto de visualización como de gústame moi altas”, segundo sinala a directora da Área de Equidade e Diversidade da UVigo, Henar Quintas.
Cun total de 1809 likes, o primeiro premio, dotado con 550 euros, foi para o vídeo no que o estudante do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación Iván González Novoa incide na importancia de coidar as masas de auga doce, pondo o foco no contexto galego, “onde a auga ademais de ser unha necesidade sempre formou parte activa da súa paisaxe”, sinala. Con 1511 gústame, o segundo premio, de 400 euros, foro para Vive Glocal, das estudantes da Universidade de Santiago de Compostela Elena Vázquez, Alba González, Laura Iglesias e Mar Sevilla; mentres que o terceiro, dotado con 200 euros, foi para Corazón de plástico, das tamén estudantes da USC Lía Rivas, Alejandro Sánchez e Raquel Varela, con 1350 gústame.
A estes galardóns sumouse o premio a innovación, de 400 euros, para o vídeo que Fernández Urbano centrou no ODS 10, a redución das desigualdades. Neste caso, o xurado tivo en conta tanto a súa orixinalidade e creatividade, como a súa calidade técnica e a súa “presentación innovadora”. Neste punto, o xurado destacou a inclusión da linguaxe de signos, que este estudante da modalidade virtual do Grao en Dirección e Xestión Pública aprendeu “desde cero”, como explica, para a realización deste proxecto.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL