Seis colectivos da estudantes da Universidade de Vigo foron as seleccionadas na convocatoria 2023/2024 de axudas ao asociacionismo que impulsa a institución académica. A finalidade desta iniciativa é establecer un programa que subvencione total ou parcialmente o custo ocasionado ao estudantado por razón da súa participación en actividades de interese educativo que favorezan a súa formación integral.
Deste xeito trátase de dar soporte á organización de actividades e de estimular a participación estudantil na dinamización sociocultural, polo que as axudas están destinadas a cubrir, de xeito total ou parcial, os custos derivados da participación (congresos, competicións, foros, debates, encontros...) ou organización de actividades (produción e edición do material,) que sexan de interese para a asociación ou para a comunidade universitaria de acordo aos fins propios da asociación.
Na convocatoria correspondente a este curso académico as entidades seleccionadas son a UVigo SpaceLab, o Coro Sénior Campus Vigo, UVigo Motorsport, Clean Energy Ship UVigo, a Asociación de alumnos e exalumnos sénior da Universidade de Vigo-campus Pontevedra (Asaexs) e a Aula de Formación Aberta.
ada una delas recibirá unha achega de 1.000 euros que deben destinarse a cubrir, de xeito total ou parcial, custos derivados da participación ou organización da actividade (desprazamento, inscrición e produción ou edición do material relacionado co a actividade).
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL