Cun estilo completamente diferente ao do resto das redes sociais da institución, a Universidade de Vigo estreou, co comezo deste 2024, a súa canle en TikTok. Trátase dunha nova vía de comunicación especialmente deseñada para o público obxectivo da entidade, o da xeración Z, os que se atopan entre os 18 e os 24 anos.
A conta, baixo o nome de UVigoShow, lonxe de manter unha liña informativa, busca empregar o humor e a orixinalidade para contar as aventuras de Jéssica, unha moza ‘nini’, que nin estuda nin traballa. Tras recibir a visita en soños de Oli, a mascota da UVigo, toma a decisión de investigar en profundidade a Universidade durante un ano para así descubrir cal é a carreira que máis encaixa con ela e deste xeito superar a súa "crise educativa-profesional".
@uvigoshow 🎭🚀 Convidámoste a acompañar a Jéssica na súa triste historia! 🥲 ALERTA SPOILER "É de Vigo" 🦖🌟😂 Todo listo para comezar esta apaixonante aventura? Déixanos un comentario sobre o máis disparatado que esperas no próximo capítulo! 💃🤣 … continuará 😜 #HumorUniversitario #UVigoShow #Feliz2024 #Bellakeo #Universidade #UVigo #Oli ♬ sonido original - Universidade de Vigo
Os vídeos que cada semana se irán colando en UVigoShow están protagonizados pola creadora de contido @blondiemuser, que interpreta a Jéssica, e que acumula na súa propia canle de TikTok 1.8M de seguidores. En cada un deles irá debullando historias e curiosidades da Universidade de Vigo apoiándose sempre na comedia, o humor e o entretemento, ofrecendo contido orixinal e eficaz, e combinando a creatividade das tendencias actuais xunto cos obxectivos estratéxicos da Universidade de Vigo.
Deste xeito, con esta nova aposta en redes, a UVigo busca aumentar a súa visibilidade nesta plataforma, xerar interacción con estudantes actuais e potenciais, posicionarse como unha institución dinámica e divertida en consonancia cas canles de entretemento actuais, atraer a atención de novos estudantes mediante a creación dun ambiente acolledor e divertido e, ao tempo, afastarse do concepto de "seriedade" e "aburrimento" e diferenciarse do resto de organizacións académicas a través da creatividade. A canle lanzouse o 1 de xaneiro e o primeiro vídeo xa foi reproducido máis de 1000 veces.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL