O festival Revenidas que celebrará a súa 15º edición do 17 ao 19 de agosto, anuncia o seu cartel por días e pon á venda as entradas para asistir a unha soa xornada do festival.
Se o venres 17 de agosto, o público poderá gozar das actuacións de Soziedad Alkoholika, Ayax y Prok, The Real Mckenzies, Ezetaerre, Joan Garriga e Galactic Mariatxis, Balkan Bomba, Keltoi! e María Turme DJ; o sábado 18 chegarán ata Vilaxoán Tremenda Jauría, Steven 'n' Seagulls, Cuarta Xusta, NH3, Glaukoma, Isaac Peces DJ e unha "banda sorpresa" que a organización anunciará nos próximos días. Ademais, o sábado tamén haberá actividades de balde programadas fóra do recinto dos concertos: concertos a bordo, sardiñada popular, pasarrúas con Os Terribles de Arousa, Coro Encaixe e Galifunk Brass Band, Gran Gala de Circo...
Esta edición do Festival das Linguas rematará o domingo 19 ao ritmo de Russkaja, Dakidarría, Banda Xangai, Zoo, Xavi Sarrià i el Cor de la Fera, High Paw & Elephand Yard, El Diluvi, Auxili e The Dawlins.
A organización, que anunciará unha “incorporación sorpesa” durante os próximos días, segue apostando por unha combinación de espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que inclúe ás máis importantes bandas internacionais, estatais e galegas do panorama actual.
O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades que vencellen a vila e o evento, que patrocinan o Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra a través do seu circuíto #RíasBaixasFests e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), por medio da súa marca Fest Galicia.
Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2018 poden mercar xa o abono de tres días por un prezo de 35 euros e a entrada dun só día 20 euros a través da páxina web do evento. Nesta mesma semana, habilitaranse puntos de venda físicos onde tamén será posible adquirilas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL