Desfrutar do cinema galego a través das plataformas dixitais. A Xunta aposta pola difusión do audiovisual de Galicia a través da colaboración coa plataforma en liña Filmin para poñer a disposición do público un catálogo monográfico no que se agrupan filmes de autoría galega, xunto con outras películas que poden verse en galego grazas á dobraxe ou aos subtítulos.
Baixo a denominación Cinemas_GAL, reúnense máis de 80 títulos que xa formaban parte do repositorio da plataforma, pero que agora poden atoparse clasificados nunha única carpeta temática subdividida en categorías como "Éxitos recentes do cine galego", "Éxitos internacionais en galego", "Autores galegos", "Curtametraxes galegas", "Documentais", "O mellor cine europeo en galego", ou fitas baixo o epígrafe "Música".
Esta canle é unha iniciativa estratéxica coa que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades quere destacar a presenza de cinema galego no seu conxunto, facilitando a identificación e localización das producións galegas, ou que se poden ver dobradas ou subtituladas ao galego dentro desta plataforma, referente a nivel estatal na distribución de cinema de calidade. Segundo os seus datos, en 2023 Filmin volveu bater o seu propio récord en canto ao crecemento en número de persoas subscritoras, visionados e títulos en catálogo, así como en películas distribuídas en salas de cinema antes da súa chegada á plataforma.
Dentro desta canle atópanse tanto filmes de recente estrea como "Matria", xunto a títulos que fixeron historia dentro do cinema galego polo seu recoñecemento internacional. Son os casos, por exemplo de "O que arde", "O corpo aberto", "Lúa vermella" ou "9 Fugas", todos eles producidos ademais co apoio da Xunta de Galicia, ao igual que outras películas tamén dispoñibles que abranguen os xéneros de ficción, animación e documental como "Dhogs", "Trinta lumes", "Costa da Morte", "María Casares, a muller que viviu mil vidas", "Valentina", "Trote", "Nación", "A Esmorga", "María Solinha", "Os días afogados" ou "Dorothè na vila".
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL