“Onde está, que non a atopo,
esa patria tan ben feita?
Eu vou polo mundo adiante
camiñando detrás dela...”
Estes versos de Celso Emilio Ferreiro están ao pé da magnolia que José García-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros culturais da Universidade de Vigo, plantou o pasado mes de novembro nos xardíns do campus de Ourense. Foi na celebración dos 25 anos das andainas universitarias. Cun cancro xa avanzado, ese acto foi tamén unha homenaxe a el e a súa despedida da comunidade que ao longo destes anos teceu ao seu redor. Eses versos foron os escollidos polos seus compañeiros da UVigo para homenaxear a súa figura. Este luns José García-Calvo faleceu e a comunidade universitaria súmase ao pesar de familiares, amizades e cantos o coñeceron.
Willy, destaca o seu amigo Rodrigo Alberte, técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus de Ourense, “naceu namorado do mundo” e a súa “gran debilidade eran as persoas”. Así, lembra, era xeneroso, acolledor, agradecido, entusiasta e sobre todo apaixonado da vida, “unha persoa moi popular e moi querida por méritos propios” tanto dentro como fóra da comunidade universitaria. “Foi coronel en praza en todas as facetas da vida, honesto e exemplo de valor e dignidade, sal de todas as conversas, explorador da vida en maiúsculas, inimitable e irrepetible, que tivo a familia como a súa razón de ser, o amor como a súa palabra, a paixón como o seu xeito de vivir e a palabra amigo como a súa forma de perpetuarse en nós”, subliña Rodrigo Alberte.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL