Xabier Díaz regresa á cidade olívica coa súa nova xira “Axúdame a Sentir”. A maxia que o artista galego desprende sobre o escenario farase realidade o vindeiro 9 de marzo no Auditorio Mar de Vigo ás 21:00 horas, sendo o lugar elixido como punto de partida dun fieiro de concertos que lle esperan xunto ás Adufeiras de Salitre. Neles presentará o seu sétimo disco, que comparte nome coa xira. Poderíase dicir que o título é unha homenaxe á súa avoa materna, Obdulia, quen lle dicía en numerosas ocasións “axúdame a sentir” e que para el “foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida”.
Esa remarcable petición serviu de inspiración para a creación e nome do seu novo traballo xunto ás Adufeiras de Salitre. “Rumboia Viva”, o primeiro sinxelo do disco, é a máscara baixo a que se agochan milleiros de esmorgas e foliadas infinitas, todas elas baixo a dirección dunha muller que vive no imaxinario de Xabier, "unha muller, tocadora e amante das esmorgas, amada por todos e todas as foliadeiras, unha deusa, unha raíña do trad que namora a aquel que a escoita". A música xorde de recordos que o autor ten do escoitado na Xirazga de Beariz (Ourense), unha música que ben nos transporta ata os ritmos africanos, ata as raíces. Todo iso toma forma xunto coa guitarra eléctrica do seu virtuoso amigo arxentino Manu Sija e a base da copla da rumboia do cancioneiro popular, á que Xabier engade o resto da letra. E non faltan a percusión de pandeiros de peñaparda, violíns ou o acordeón diatónico de Pedro Pascual.
O videoclip que acompaña a “Rumboia Viva” é o fermoso resultado da mistura entre a realidade dun álbum de imaxes de finais dos anos 80, onde vemos a bailadores e bailadoras de foliada, e unha ferramenta para vídeo da Intelixencia Artificial (IA). Grazas a isto obsérvase unha recreación da tradición no baile, que chega da man de Alfonso Marino.
“Axúdame a Sentir” verá a luz no mes de febreiro, un traballo en colaboración coas Adufeiras de Salitre e músicos de diversos ámbitos, dando forma e vida a canción cheas de sentimientos e ganas de ser sentidas polo público.
O concerto do 9 de marzo en Vigo será un encontro emocionante: non só por ser a data que implique o inicio desta nova era, senón porque Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre regresan ao Auditorio Mar de Vigo catro anos despois daquel exitoso concerto presentando “Noró”, prometendo unha noite inesquecible chea de música galega e emocións intensas. As entradas xa están á venda a través de Teuticket.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL