"Escupindo verbas que saen da raiba" preséntanse Vértebras na efervescente escena musical galega. Actitude, compromiso e axitación son algúns dos sinais de identidade sobre os que o dúo de Vigo artella a súa proposta dende o ámbito conceptual. Dende o musical, o rap, entendido con descaro e amplitude dende diversas das súas vertentes, é a pedra angular da súa identidade.
Vértebras son Ika Subversiva e Amari. Chegan dende Vigo coa vontade de remover o panorama do rap galego feminino. Vértebras son meigas, porque habelas hailas, que bailan, berran "e o cora axitan". Que bulen porque o tempo vai moi a présa. Elas mesmas preséntanse así en 'Moito Love', un tema escrito e cantado integramente en galego, adianto do que será o seu inminente álbum de debut.
'Moito love' aférrase nas súas poderosas e contundentes bases aos postulados do rap old school, contemporaneizado cunhas harmonías vocais que enchen o espazo sonoro. Dende ese rexistro Vértebras erguen un discurso crítico cunha profunda carga social. Sen egos desmesurados pero tampouco sen pasar pretender desapercibidas. Vértebras non xogan a iso. O seu é un retrato fiel e ferinte das súas inquedanzas, das súas raibas, dos temores propios e dos medos xeracionais. «Hip hop feminista, voz para todas as esquecidas», proclaman.
Porque entre a escura profundidade dos beats e o amargor do que lles rodea, tamén atopan Vértebras unha luz para reivindicar os coidados, a comunidade, a familia e o amor. Á prolífica, poliédrica e sempre inqueda escena do rap e do hip hop galego séntalle de marabilla a chegada dunha voz como a de Vértebras. Coas raíces ben ancoradas na esencia do xénero pero cun discurso musical, conceptual e estético desprovisto dos tópicos que tantas veces o uniformizan.
E isto é tan só un primeiro paso. Como elas mesmas recoñecen aínda "estamos aprendendo e enfrontándonos ás nosas realidades (...), explotando capacities". E aquí, ben se ve, hai moito que explotar. A mellor proba é este 'Moito Love', unha máis que brillante e estimulante declaración de intencións e unha gran mostra do que nos pode agardar nas vindeiras entregas deste proxecto.
Vértebras naceu en febreiro de 2023 como lugar de confluencia de dúas mulleres con distintas raíces pero coa mesma paixón pola música. Os seus pasos previos sitúanas da man do colectivo Alunizadas ata que chegou o seu primeiro concerto como Vértebras na sala Babylon en León. En marzo de 2023 gañaron o XV Concurso de Maquetas do Festival Millo Verde, o que as levoua a actuar ese verán no escenario do festival de Cesantes, así como noutros eventos como o Atrapa O Beat.
Vértebras componse de Ika Subversiva, violonchelista e pedagoga. De orixe segoviano e corazón galego. Involucrada na acción social coma militante en diferentes colectivos e coma docente. Tamén é integrante do grupo Fixe Trío. Pola outra banad está Amari, galega ao cento por cento. Apaixonada polo boom bap e polo máis puro estilo old school, achega un discurso directo da rúa. É escritora dende nena e principiante no freestyle.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL