Prometía ser unha gran “folía das ardentes” e así foi. Este pasado venres, Mondra (Martín Mondragón, 2000) ofrecía un dos primeiros grandes concertos da súa nova xira co gallo do seu primeiro disco “Ardén” na Sala Rebullón de Tameiga, Mos. Un evento que esgotou entradas máis dunha semana antes de chegar o día e no cal a diversidade, a festa e o arte foron os grandes protagonistas dunha noite onde non faltaron músicas doutras formacións para completar o espectacular directo.
“O lughariño de ardén” creado en Tameiga este pasado 17 de novembro pouco tivo que envexar á estrea desta nova xira na Capitol de Santiago de Compostela, que o 29 de setembro ateigada unha das salas referentes de Galicia. Daquela ocasión contaba coa participación de grandes músicas colaboradoras do primeiro disco de Mondra, como Aida Tarrío de Tanxugueiras, os ventos de Brassica Rapa ou as viguesas Fillas de Cassandra, que tampouco faltaron á cita na Louriña.
Tendo que retrasar máis de dez minutos o comezo do directo na Sala Rebullón para que todo o público puidesen entrar a tempo e non perderse nin un solo minuto do directo, o concerto de Mondra comezaba en Tameiga ás 22:15 horas.O balbordo das máis de 300 persoas desexosas de gozar da “folía das ardentes” silenciouse por completo no momento en que os músicos traspasaron o telón que escondía a posta en escena do concerto.
Así deu comezo “Ardén”, un lugar onde “ser libres, diversos, onde desfrutar da liberdade sexual e de xénero”, expresaba Mondra na sala das Pedriñas. A través dunha viaxe pola súa música, xunto a un elenco de bailaríns que hipnotizaban e unha posta en escena que namoraba, as “ardentes do lugar” atopaban o seu pequeno recuncho para gozar, cantar e danzar, aínda que “non houbese sitio”, como expresaba algunha persoa no público cando o artista de Teo lles pedía que bailasen. “Pois se non hai sitio, faise”, animaba á xente.
Primaba a cor rosa, complementada con diferentes cambios de vestiario, a enerxía, a danza e a interpretación nun directo pensado ao milímetro con desfile entre o público incluído, xa que durante a interpretación de “Berce” os cinco artistas “escaparon” á zona dos técnicos de luz e son e dende aí percorreron toda a sala coma se dunha procesión se tratase. Todo un espectáculo ver como o público ía formando un gran corredor por medio da sala para deixar paso á “procesión” de Mondra e os seus bailaríns durante a interpretación de “Perdurar”.
Chegaba o momento de “Ruando”, tema que conta coa colaboración de Aida Tarrío de Tanxugueiras, e o público arrancou a gritos, aplausos e coreografía. Daba igual que a artista estivera na noite anterior en Sevilla vivino os Latin Grammy xunto a Olaia e Sabela Maneiro, na Sala Rebullón era unha colaboradora máis que axudou a crear un dos moitos momentos icónicos da noite. Non só na primeira fila se seguiron os pasos característicos do retrouso de “Ruando”, tamén se podía escoitar a ducias de voces berrando cada unha das frases da letra sen importar o xénero ou a idade, que ía dende os cinco anos ata os….
Volvía a calma con “Beijos de LK” que comezaba cunha fermosa introdución ao piano, pero que continuaba con moita enerxía ao son das chocas penduradas da cintura do artista de Teo e as voces das 300 ardentes do lugar. Era a antesala da festa que, xunto aos ventos de Brassica Rapa (Xiana, Paula, María, Andrea e Iago), marcaban a recta final do concerto. A “camarada” Carmela danzou todo o que lle quedaba no corpo e algo máis para deixar paso a “Saco de pulgas” e “Punheta”, que contou coa presenza de María Soa de Fillas de Cassandra.
Era o remate dun concerto icónico, que quedará na memoria de moitos, especialmente de Alicia, unha nena de cinco anos que, sen saber nada antes de chegar alí, gozou do primeiro directo da súa vida, “nin se quera foi ver a Uxía Lambona e a Banda Molona”, contaban os seus país. Vestida de unicornio, extasiada ante tanto estímulo e despois da cantar case todas as cancións do artista, Alicia, coma todas as “ardentes do lugar”, “é moi Mondra”. E Mondra e o seu “Ardén” foi e será para "todes".
(Si no puedes ver la galería haz clic aquí)
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL