A concellería de Mocidade que dirixe Verónica Carrera presentou o Ruada Jam Fest, o primeiro encontro coas tendencias en cultura urbana que terá lugar o vindeiro 14 de xullo a partir das 12:00 horas.
Ao longo da xornada haberá obradoiros de iniciación e avanzados de distintas modalidades creativas. Ademais celebrarase unha competición de danza moderna a nivel galego con participantes chegados de distintos puntos da xeografía de Galicia, pero que tamén terá cabida para todos aqueles e aquelas que queiran amosar as súas habilidades co ritmo.
O parque da Feira Vella acollerá este evento de participación libre no que non fará falta inscribirse para poder participar en todas as actividades. All Style Battle 1vs1, show break, graffiti, BMX, obradoiros de beatbox, slackline, parkour ou skate son algunhas das expresións da cultura urbana que os e as participantes terán a oportunidade de coñecer ou de perfeccionar a súa práctica.
A organización do evento disporá dun micro libre que estará aberto para expresar toda a creatividade da mocidade de Ponteareas e da área metropolitana.
O Ruada Jam Fest tamén contará con dous parques móbiles de skate e parkour para uso libre. A sesión do DJ Mil completará o programa do festival que, por iniciativa da concellería de Mocidade, permitirá que os veciños da localidade do Condado poida expresarse e satisfacer as súas inquedanzas culturais nunha xornada aberta e totalmente de balde.
Verónica Carrera convida á mocidade da área metropolitana a formar parte da cultura urbana e asistir ao Ruada Jam Fest que nace grazas ao esforzo previo da concellería que dirixe por coñecer as necesidades culturais e de formación dos máis novos de Ponteareas.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL