A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, presentou este luns a nova aposta da Deputación de Pontevedra para a sede viguesa da institución provincial con tres programas que se suman á oferta cultural. Entre eles, e por vez primeira na historia, estará a "expansión" do Culturgal, a feira máis importante de Galicia para o mundo da Cultura que se celebra cada ano en Pontevedra, e que chegará á cidade de Vigo con varias propostas que servirán de anticipo á cita na Boa Vila.
A responsable provincial, quen compareceu ante os medios acompañada pola escritora Ledicia Costas, o director de Culturgal, Camilo Franco, e o xornalista Pablo Vázquez, destacou que este ciclo é "tan importante polo seu contido como polo fondo", pois recordou que un dos obxectivos "irrenunciables" da Deputación é o de recuperar para Vigo “o seu papel como referente cultural”.
Así, o 23 e 24 de novembro, en tres sesións cada día ás 18:00, 19:00 y 20:00 horas, a sede de Eduardo Chao no Casco Vello vigués acollerá da man de Culturgal unha combinación perfecta entre literatura, poesía e música. A feira galega "estenderase a Vigo mantendo a filosofía que quere estrear este ano: o seu obxectivo fundamental é demostrarlle ao mundo que a cultura é intelixente e divertida”, expresou Camilo Franco, quen apuntou o obxectivo de que Vigo "sexa unha vez máis referente para o resto de cidades de Galicia".
Así, na primeira xornada Alba Garrido e Iría Morgade charlarán sobre memoria histórica, ás que seguirán os recitais poéticos de Iolanda Zúñiga e Velpister, para rematar coa música de Catuxa. Ao día seguinte, catro Premios Xerais falarán de literatura, María Lado demostrará que “Non fai falta ler poesía”, e Leilía encargarase do peche deste Culturgal expandido con motivo da súa xira de despedida, “Voume, pero non me vou”.
"Dixemos que a Cultura ía ser unha pedra angular na xestión desta nova Deputación, e lonxe de ser unha simple declaración de intencións, este ciclo cultural que acabamos de presentar hoxe comeza a darlle forma”, sinalou a vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra para insistir en que “Vigo ten un potencial cultural inmenso, que hai que coidar, atender e mimar, porque ata agora non se facía”.
Neste sentido, referendou o compromiso do Goberno provincial de exercer de catalizador dunha cidade que, dixo, “sendo berce da Movida dos anos 80, ten pendente recuperar a súa posición de liderado á fronte da vangarda cultural de España e facer valer a súa calidade artística e de dominio cultural”.
Ademais da cita co Culturgal en Vigo, o ciclo inclúe a proposta de A Movida Literaria, este xoves ás 19:30 horas. Inma López Silva, Francisco Castro, Mª Xosé Porteiro, Pedro Feijóo e Rexina Vega participarán na sede viguesa da Deputación provincial nun coloquio sobre novela negra e social. Co mesmo formato, o 29 de novembro será a quenda de Marcos Calveiro, Ledicia Costas, María Reimóndez e Manuel Esteban, que establecerán un diálogo sobre a literatura infantil e xuvenil, a partir tamén das 19:30 horas. Dúas citas para que "a cultura en Vigo luza e brille máis que nunca", sinalou o xornalista Pablo Vázquez.
Por último, a programación tamén contará coa proposta de Ultraluz, de Ledicia Costas e Amaro Ferreiro. “Ambos os dous levarannos ao bosque de Ultraluz, nunha viaxe sensorial, unha experiencia artística exquisita que dá vida á obra de Ledicia, gañadora do XX Premio de Poesía Afundación”, anotou Tapias. Un espectáculo que terá lugar na sede viguesa da Deputación o 19 de decembro en Vigo, ás 20:00 horas, e ao día seguinte no Museo Provincial de Pontevedra.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL