O grupo do BNG na Deputación votou este venres en contra dos orzamentos do PP para o vindeiro 2024 por consideralos "claramente regresivos" e, na realidade, ser "contrarios" aos beneficios que anuncia o novo Goberno para a provincia. En concreto, o portavoz César Mosquera, subliñou que “clama ao ceo” o “chapodazo” que o PP fai na área de Infraestruturas, retirando dos orzamentos cinco millóns de euros con respecto a 2023.
Para Mosquera, a atención e mellora das estradas provinciais é unha das poucas competencias que xustifican a existencia das deputacións, “é a xoia da coroa”, pero sen embargo sofre unha baixada do 90% dos fondos, pasando de tres millóns de euros a apenas 400.000 para convenios, e eliminando todos os fondos destinados ao Plan Ágora de recuperación de espazos públicos. “Se mellorar as estradas provinciais non é unha prioridade non sei que é unha prioridade. Laminan cinco millóns de euros sen xustificación”, salientou.
Foi crítico coa forma de actuar do PP, así mesmo, porque segundo o nacionalista as decisións do novo goberno son "contraditorias coas queixas e reivindicacións do grupo provincial no anterior mandato", cando presentaban mocións nos plenos para a mellora de vías e actuacións de urbanizacións nos 1.700 quilómetros de estradas provinciais.
As contradicións do PP, segundo Mosquera, non rematan na área de Mobilidade, senón que tamén se estenden a outras como Igualdade, Memoria Histórica, residuos, o Museo ou a colaboración cos Concellos. Neste sentido destacou que cando no Pleno de toma de posesión se anunciou que á área de Igualdade se uniría a de Familia, pensouse nun aumento de orzamento que na realidade se tornou nunha significativa redución.
Apuntou tamén que este ano foi o primeiro no que o PP provincial asistiu aos actos en homenaxe a Alexandre Bóveda, dando a entender que a Memoria Histórica pasaría a ser unha prioridade, algo que tampouco se confirmou porque a redución de fondos "case que elimina o departamento". En canto a residuos Mosquera amosou tamén a contradición do actual goberno, que "repartirá fondos e material incluso cos concellos que non se comprometan a cumprir coa normativa cando incluso Louzán xa coñecía que iso non daba resultados".
Con relación aos investimentos, Mosquera puxo en evidencia a "incorrección" dos datos aportados polo voceiro do PP Jorge Cubela. Subliñou que os investimentos reais da Deputación baixan en realidade de 17 millóns a 13 millóns, cunha diferencia de catro e non unha subida. Tamén fixo fincapé en que as transferencias a concellos, en lugar de subir como di o PP, baixan dos preto de 41 millóns en 2023 a uns 37. “Se baixando 4 millóns de euros os investimentos e as transferencias soben... Con argumentacións dese calibre o resto xa non o describimos”, sentenzou.
O portavoz do BNG tamén quixo poñer de relevo que o PP recoñeceu sen ambaxes que derivou ao o Plan + Provincia outros plans e axudas que estaban en áreas e departamentos diferentes ao de Cooperación. Aclarou, por tanto, que o Plan + Provincia non sube a súa contía con respecto ao Plan Concellos, senón que simplemente reúne todos os cartos que se eliminaron doutras actuacións.
Para finalizar, Mosquera criticou ao PP por non ter vontade de ter en conta as propostas da oposición ao dar apenas tres días para presentar emendas. “Poderían ser 50.000 –dixo-. Alá vostedes coa súa responsabilidade”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL