Xisco Feijoó soterra "Peixe" este outono. O cantareiro, instrumentista e bailador despídese da actual xira de presentación do seu primeiro proxecto en solitario por todo o alto. Farao con dous derradeiros directos que terán lugar en Lugo e Vigo os días 29 de novembro e 1 de decembro, respectivamente, e nos que o artista se acompañará tanto da súa banda como de numerosas creadoras e amizades sobre o escenario, entre as que se atopan Fran Sieira, Andrea Pousa, as pandeireteiras d’O Fiadeiro ou mesmo a chelista estadounidense Natalie Haas.
Cada concerto, ateigado de música, danza e arte, será único e irrepetible. Será a celebración da vida dun proxecto que, a partir do vindeiro ano, se transformará con novas cores e sonoridades. As entradas para estas actuacións, ou “metamorfose do "Peixe"”, como sinala o artista, xa están á venda nas platataformas de Enterticket (Lugo) e Ataquilla (Vigo).
Xisco Feijoó lanzou "Peixe" no mes de xullo de 2021. Desde entón o artista, unha das figuras clave na recuperación de música tradicional galega durante as décadas do 80, 90 e primeiros 2000 ofreceu case medio cento de actuacións en localidades das catro provincias galegas, ademais doutros municipios da península, como Madrid, Bilbao, Valencia, Segovia e Plasencia; ou mesmo de Europa, na que temas como "Animal" ou "Caracoles" soaron en Xenebra, Munich, Hamburgo, Frankfurt e Varsovia.
Agora, Xisco Feijoó regresa a dúas das cidades galegas que acolleron a presentación de "Peixe". Volve para despedir, dun xeito único, un proxecto que marcou todo un fito na súa carreira artística: logo de máis de trinta anos de incesante labor de recuperación etnográfica, nos que recolleu e deu vida a numerosas melodías e ritmos tradicionais, e de colaboracións en numerosos proxectos do país; o artista publicou un traballo discográfico no que ofreceu unha novidosa mirada contemporánea sobre a música tradicional. Dous anos despois, o creador dá a despedida “a un ilusionante proxecto que naceu no cerne da pandemia e que agora tomará novas formas, como parte desa metamorfose que todas e todos os artistas experimentamos grazas ás experiencias vividas”.
“"Peixe" representou un reto de moitos anos”, sinala Xisco Feijoó, quen asevera que este album fixo que se aproximara “a un mundo e pantone enteiro de emocións, vivencias e aprendizaxes”. “A creación deste disco e do espectáculo foi unha experiencia única, un soño. "Peixe" é o fillo que nunca tiven e é algo que vou levar gravado na alma e na pel”, di, ainda que advirte que “non meterá os temas na caixa, senón que se transformarán para ter outra vida en futuros espectáculos”.
Así, este outono Xisco Feijoó di adeus a "Peixe" tal e como lle deu a benvida: acompañado dun bo feixe de músicas do país e colaboradoras doutros recunchos do mundo. En primeiro lugar, contará cunha numerosa banda conformada por Miryam González, Pipo Alvariño, Galen Fraser, María San Miguel, José Manuel Díaz, Marilú Campos, Antón Pombar e Sandra Costa. En segundo, en cada un dos concertos haberá colaboracións especiais de instrumentistas, cantareiras, bailadores e pandeireteiras.
Así, a primeira das citas chegará o mércores 29 de novembro. Será no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Xisco Feijoó acompañarase, a partir das 20:30 horas, tanto da súa banda coma de Laura Burgué (gaita), Branca Villares (voz e percusión), David Vilares (voz), Xabi Iglesias (baile) e as pandeireteiras de Cántigas e Frores.
A derradeira volta para darlle a despedida ao "Peixe" será na súa cidade, Vigo, e nun recinto moi especial para o creador, que visitou en numerosas ocasións con O Fiadeiro. O venres 1 de decembro, o Teatro Afundación (García Barbón) será o escenario que acolla o directo, a partir das 20:30 horas. Será un festivo e alegre “enterro” do "Peixe", unha singular metamorfose na que Xisco sairá ao escenario con artistas como Natalie Haas (cello), Andrea Pousa (voz), Fran Sieira (baile), Luis Lavado (voz), María e Luís Prego (baile), María Vidal (voz e percusión) e das pandeireteiras de O Fiadeiro.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL