A mostra "María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes", o proxecto expositivo itinerante co que a Xunta de Galicia lle rende tributo á autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018, chega a Vigo tras o seu paso por Pontevedra, Santiago, A Coruña e Lugo. A exposición permanecerá aberta ao público desde hoxe e ata o vindeiro 11 de xullo na planta principal da sede viguesa.
Promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, e do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, está coordinada por David Pintor. O humorista gráfico, ilustrador e pintor coruñés é o autor da imaxe central da mostra, que, no seu conxunto, se basea no diálogo gráfico de oito ilustradores galegos de prestixio con outras tantas obras de María Victoria Moreno, concretamente con O cataventos, A festa no faiado, Anagnórise, Mar adiante, Un cachiño de bica, Guedellas de seda e liño, Leonardo e os fontaneiros e A brétema.
Os ilustradores Xan López Domínguez, Nuria Díaz, Lucía Cobo, Jacobo F. Serrano, Jacobo Muñiz, Mari Fe Quesada, Bea Lema e Dani Padrón realizaron dúas ilustracións alusivas á personaxe principal e ao escenario no que se desenvolven as historias. O resultado é unha galería de retratos e lugares que conforman o universo literario da autora. Así mesmo, cada un dos paneis complétase cun fragmento da obra correspondente. A exposición inclúe tres paneis biobibliográficos e dúas vitrinas nas que se ofrece unha escolma de obxectos persoais da escritora, como a súa primeira máquina de escribir, unhas lentes que levou durante anos, o bolígrafo co que escribiu as súas derradeiras obras ou manuscrito da obra O cataventos. Finalmente, a exposición acompáñase dun cuadríptico, que está accesible en liña, xunto cos paneis da mostra.
A última parada do verán será o Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, onde estará do 13 ao 30 de xuño. A continuación, poderase ver ata final de ano nos municipios de Sanxenxo, Ordes, Vilalba e Celanova.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL